Skip to Content

Alimenta-T ben

REUTILIZAMOS AS LATAS

As aulas de 4 anos propuxémoslle as familias que lle deran unha segunda vida ás latas de conserva.

Este é o fermosísimo resultado do seu esforzo.

 

PESCA EN XERUSALÉN

Dende a área de Relixión traballaron o sector pesqueiro partindo do centro de interés dos milagres "dos pans e dos peixes".

 

 
Podedes ver todo o traballo e material no blogue: http://5panes2pecesreli.blogspot.com.es

RECORDAMOS AS NOSAS RECEITAS

   
   
  

COMEMOS BOCATAS DE CONSERVAS

ANALIZAMOS A INFORMACIÓN DAS LATAS

COÑECEMENTOS PREVIOS. QUE CONSERVAR COÑECEMOS?

 

 

 

PONLLE PILAS AO TEU BOCATA

AULA DE 5 ANOS B   TITORA: TERESA VÁZQUEZ

  • Iniciamos este pequeño proxecto  preguntándonos que son as latas de conservas , para que sirven e que productos podemos atoparnos nelas.

 

  • Cada neno /a trae da súa casa unha lata de conservas de productos dos nosos mares.

 

  • Facemos unha exposición coas latas e logo clasificámolas según o seu contido e vemos cantas temos de cada.

 

  • Investigamos que información trae nas etiquetas.

 

  • Traballando por equipos anotamos os datos de algunhas das latas: ingredientes, peso neto, peso escorrido, calorías, proteínas, data de caducidade, …

 

  • Buscamos en internet receitas que podemos elaborar coas nosas  conservas.

 

  • Decidímonos por paté de mexillóns, canapés de sardiñas e pastel de atún.

 

  • Anotamos os ingredientes que necesitamos para que a profe os merque.

 

  •  Taller de cociña: realizamos as tres receitas :  Paté de mexillón, canapés de sardiña con queixo filadelfia e pastel de atún. O  resto das latas as abrimos  para comer as conservas tal como veñen nas latas acompañadas de pan.

 

  •  Nos xuntamos as dúas clases de 5 anos para facer unha merendola con todos os productos  elaborados no taller de cociña e invitamos ás profes.

 

 

QUE PRODUTOS DO MAR ATOPAMOS EN CONSERVAS?

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º queremos facer uns bocatas e canapés para os maiores e para iso puxémonos as pilas!!!

Primeiro elaboramos unha lista de produtos do mar que podemos atopar en conserva, usando a estrutura de aprendizaxe cooperativa "folio xiratorio". A continuación elaboramos unha gráfica de barras cos produtos elixidos.

Aquí tendes o resultado!!

 

 

Produtos para o noso bocata

          "Produtos para o noso bocata" é o slogan do mural da clase.

 

          Buscamos información e clasificamos peixes e mariscos. Dentro de estes brancos e azuis, moluscos (bivalvos e cefalópodos), artrópodos e equinodermos.

 

          Ninguén de nós provara un ourizo de mar!

Na procura de información

          Cada un dos alumnos e alumnas buscamos os valores nutricionais da lata de conserva que trouxemos da nosa casa.

          Despois baixamos á aula de informática e buscamos imaxes para comparar o animal tal como se atopa na natureza co produto final que está na lata. Sorprendéronnos as diferenzas!

          Imprimímolas para preparar, noutra sesión, un mural.

 

ELABORAMOS UN MENÚ

Na clase de Educación Física, os alumn@s de 4º de Educación Primaria elaboraron un menú para as tres comidas dun día que levou, necesariamente, conservas nalgún horario.

Pretendemos relacionar os principais hábitos de alimentación coa actividade física (horarios de comidas, calidade/cantidade dos alimentos inxeridos...)

Para levar a cabo esta actividade, empregamos a estrutura "Os catro sabios" coa que reflexionaron e asumiron os grupos alimenticios. Averiguaron superficialmente, por grupos, a composición maioritaria e minoritaria de diferentes nutrientes das conservas non vexetais. 

Por último, coa técnica de "preguntas encadeadas" reflexionaron sobre os diferentes menús elaborados en grupo.

 

 

Que sabemos das conservas?

          Os alumnos e alumnas de cuarto imos traballar unha alimentación sa e saudable. Queremos por “As pilas ao noso bocata”.

          Antes de investigar sobre os produtos do mar en conserva comentamos un power point para ter claro o que sabemos xa e abrir as portas a temas novos de coñecemento.

          Quedamos que necesitamos saber máis sobre algúns peixes e mariscos, as súas formas de captura e os seus valores nutricionais.

 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut