Skip to Content

MÁSCARAS DE CURRUMIÑOS

Na semana do entroido este ano, ademáis de cumprir as mandas, ensaiar os bailes, elaborar os disfraces ... O equipo EDLG nos propuxo que fixéramos unhas máscaras de Currumiños, típicas no entroido mosense, seguindo as indicacións que nos deu o experto "Ismael Patos" dende a actividade do programa "EntroideaMos" do concello.

Partindo dunha tea, o alumnado plasmando a súa expresión da cor e creatividade nela, fixo este fermoso tendal.

 
 
 

ENTROIDO

O noso  ENTROIDO comeza o luns coas MANDAS DO MECO, moi atentos para que ninguén se trabuque.

 

E remata o venres co DESFILE e BAILE DO ALUMNADO, ao que estades todos invitados.

 

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

 

EQUIPO DE MEDIACIÓN

A partir de febreiro ponse en marcha o Equipo de Mediación co fin de mediar de forma pacífica e voluntaria os conflitos. O seu obxectivo é concienciar sobre o respeto e o diálogo. Non dubidedes en acudir a eles!!!

ESTA FOI A SÚA PRESENTACIÓN

POMBA DA PAZ

O alumnado de Educación Infantil en psicomotricidade, ademáis de desenvolver o equilibrio, coordinación,..., traballaron en equipo e lle deron unha fermosa segunda vida a libros descatalagados da biblioteca convertindo as súas follas en plumas dunha fermosa POMBA DA PAZ.

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA


FESTA DE FIN DE ANO

Vestíndonos coas nosas mellores galas, este curso despedimos o trimestre celebrando unha gran FESTA DE FIN DE ANO, na que tivemos campanadas e uvas,  moito baile e diversión e para rematar a ANPA invitounos a unha gran chocolatada.  

 

FESTIVAL NADAL 2023-2024

FESTIVAL NADAL 2023-2024 de Aida Rodríguez Val

DEGUSTACIÓN DOS FROITOS DO OUTONO

O outono é unha estación moi rica en variedade de froitas e froitos. Este curso quixemos, non só dar a coñecer os seus nomes, senon que nos sumerximos nunha xornada de sabores, onde todo o alumnado portando o seu recipiente e culler, pudo disfrutar dunha saborosa merenda chea de cores, vitaminas e sabores.

 

EXPOSICIÓN DE FROITOS DO OUTONO

O noso gran agradecemento ás familias pola cantidade e variedade de froitos do outono aportados para a nosa exposición.

 

 

CELEBRACIÓN DO NADAL

Tic, tac ... Xa queda menos para a festa de Nadal 2023.

SEMANA DOS DEREITOS E DA NON VIOLENCIA

SEMANA DOS DEREITOS E DA NON VIOLENCIA 

Con motivo das conmemoracións do 20 de novembro (Día dos Dereitos da Infancia) e do 25 de novembro (Día Contra a Violencia de Xénero) desde o centro levamos a cabo a "Semana dos Dereitos e da Non Violencia", realizando  moitísimas actividades co obxectivo de concienciar ao alumnado sobre a importancia de traballar o RESPETO, a ASERTIVIDADE e a COMPRENSIÓN. Talleres, gravacións de radio "As mulleres que cultivaban néboas", retos reflexivos de aula, adaptación de cancións machistas, mural de mans, compromisos a acadar... e moitísimas outras actuacións a nivel de aula.

Porque a mellora depende de nós, e graniño a graniño faise a montaña. Sempre XUNT@S para construír un mundo mellor!! 

MAGOSTO 2023

Retomando vellos costumes, este curso celebramos o magosto cheo de xogos e diversión.

Das a grazas ás familias pola gran cantidade de castañas, a comunidade de montes pola súa colaboración aportando leña e ao noso conserxe, que un ano máis, a pesares dos contratempos atmosféricos encargouse de que poideramos comer deliciosas castañas asadas.

 

SAMAÍN PRIMARIA

SAMAIN INFANTIL

Distribuir contido


CONTADOR DE VISITAS

contador de visitas para blog

by Dr. Radut