Skip to Content

A doctora Loli visita ao alumnado de 2º curso

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

      O centro de recursos educativos da ONCE, en Pontevedra, facilitounos durante o mes de novembro, materiais didácticos que nos axudaron a coñecer distintos aspectos da educación e da vida cotiá das persoas con discapacidade visual.

 

 

     Conmemoramos o 3 de decembro, Día Internacional das persoas con Discapacidade, coa visita dunha persoa con déficit visual que nos contou a súa experiencia, pautas, técnicas e axudas que melloran de forma moi notable a súa calidade de vida.

 

 

 

 Moitas grazas por visitar o noso colexio!!!!

"Chea de vida" de GUADI GALEGO

O 25 de novembro, no CEIP Pena de Francia cantamos "Chea de Vida" de GUADI-GALEGO.

ARTURO E CLEMENTINA, UN CONTO PARA FALAR DE IGUALDADE

Para conmemorar o día contra a violencia de xénero os alumnos de 5º leron uns manifestos e representaron o conto de Arturo e Clementina. Este conto fainos reflexionar sobre a necesidade de coñecernos e respectarnos a nós mesmos e de non anular a nosa personalidade e identidade por adaptarnos a outras persoas ou situacións.

Adela Turín, autora deste conto tiña como obxectivo construír un mundo mellor, máis igualitario, libre de estereotipos sexistas e discriminación.

 

 

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS!!!!

MAGOSTO

Baile deportivo con Patricia Martínez

O alumnado de 1º e 2º, tivo a sorte de compartir unha clase de baile deportivo con Patricia Martinez, campiona española desta categoria en moitas ocasións.

 

SAMAIN 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para celebrar o día das bibliotecas escolares os bibliotecarios e bibliotecarias de quinto contaronlle contos  aos maís pequenos. Aquí tendes unha pequena mostra.

 

 MOITAS GRAZAS BIBLIOTECARI@S!!!!!!

Lembranzas do ferrocarril pasado, presente e futuro

Visita a exposición "lembranzas do ferrocarril pasado, presente e futuro" no pazo de Mos. Tivemos a sorte de poder acudir todo o alumnado, grazas ao concello. 

 

ELECCIÓNS

COMEZAMOS UN NOVO CURSO E ESPERAMOS QUE ESTEA CHEO DE ILUSIÓNS E DE BOS MOMENTOS.
DESPOIS DUNHA DURA CAMPAÑA ELECTORAL PARA ELIXIR O PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO (PDI) E DECIDIRNOS ENTRE EUROPA E PLANETA AZUL-PLANETA VERDE.

O TEMA GAÑADOR FOI...

 

  PLANETA AZUL - PLANETA VERDE

 

FELIZ COMEZO DE CURSO!

REVISTA ESCOLAR CURSO 2016-2017

 


TALLERES

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

GRADUACIÓNS 6º DE PRIMARIA

  

 

  

 

  

GRADUACIÓNS INFANTIL

 

 

AS LARANXAS, MÁIS LARANXAS, DE TODAS AS LARANXAS

Co motivo da celebración do día das letras galegas que este ano se lle adicou a Carlos Casares, os alumnos e alumnas de 5º A representaron unha das obras de teatro máis coñecida do autor, "As laranxas, máis laranxas, de todas as laranxas".

Distribuir contido


CONTADOR DE VISITAS

contador de visitas para blog

by Dr. Radut