Novas
Programa de man da obra de teatro
Enviado por colexioirixo o Dom, 17/12/2023 - 12:22Mañá, mércores 20 de decembro, representaremos a obra de teatro A granxa dos animais no colexio. Este é o programa de man da obra.
Distribución froita fresca
Enviado por colexioirixo o Ven, 03/11/2023 - 14:44O colexio volveu solicitar as axudas da Unión Europea destinadas a subministrar froita e leite durante os recreos. O próximo luns, día 6 de novembro, comezará o primeiro período de distribución de froita fresca no centro. Durará dúas semanas e ata que remate non será necesario que o alumnado leve merenda ao colexio.
Reunión comezo de curso
Enviado por colexioirixo o Ven, 01/09/2023 - 15:20Este xoves, día 7 de setembro, celebraremos as reunións de comezo de curso. O horario será o seguinte:
Infantil e 1º e 2º de educación primaria: ás 16:00 h.
3º, 4º, 5º e 6º de primaria: ás 17:00 h.
Programa de man do VI Festival de Cine de O Irixo
Enviado por colexioirixo o Mar, 13/06/2023 - 11:05Carteis do VI Festival de Cine de O Irixo
Enviado por colexioirixo o Dom, 11/06/2023 - 11:15Publicación listaxe alumnado admitido curso 2023/2024
Enviado por colexioirixo o Ven, 12/05/2023 - 07:20Xa está publicada a listaxe definitiva do alumnado admitido para o curso 2023/2024. A Consellería só permite publicar a listaxe no taboleiro de anuncios situado no interior do colexio, pero tamén se pode consultar a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou un certificado dixital. O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño.