Skip to Content

CEIP PENA CORNEIRA

O NOSO CENTRO NO FACEBOOK

Seguídenos para enterarvos das novas do cole e dádenos un "gústame" ou escribídenos un comentario.

 Buscádenos no Facebook "CEIP Pena Corneira".

BLOGUE DA BIBLIOTECA DO COLE

Podes seguir todo o relacionado coa biblioteca no blogue (copiando o enlace e pegándoo no teu navegador): https://bibliocarballeda.blogspot.com/

ESTÁMOSTE ESPERANDO!

O cole de Carballeda de Avia está desexando medrar, polo que se queres coñecernos para escolarizar aquí ós teus fillos/as, chama ó 988487030 e concerta unha cita para visitarnos ou solicita información.

Temos prazas libres en tódolos cursos de Educación Infantil e Primaria, así que estamos encantados de abrirche as nosas portas.

                                            

                                                                              

FUNTASTK: UN PARQUE DE XOGOS MOI DIVERTIDO

O venres día 11 de outubro, tódolos nenos/as e profes desfrutaron dunha mañá de xogos e aventuras en Ourense, a través da actividade Funtastik.

Colchonetas, Legos, pistas de patinaxe...fixeron dun venres calquera, un venres divertidísimo.

MAÑÁ DE CONTACONTOS

O pasado xoves día 10 de outubro, grazas ó Concello de Carballeda de Avia, desfrutamos todos/as dunha actividade moi interesante de contacontos no cal coñecemos a mulleres empoderadas como María Pita ou Maruja Mallo.

QUE FACER NO CASO DE ACCIDENTE NO DEPORTE ESCOLAR?

No caso de que un neno/a se accidente durante as xornadas de Deporte Escolar e non note molestias ata que chegue á casa, se considerades que é preciso que acuda ó medico/a, co fin de evitar gastos derivados da consulta, debedes seguir as instruccións que continúan:

(Podedes descargar en formato pdf o mesmo arquivo, que está adxunto)

TEATRO E POSTRES

O pasado 20 de setembro, grazas ó Concello de Carballeda de Avia, tódolos alumnos/as e profes do cole desfrutaron coa obra de teatro "O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa" e cos ricos postres que posteriormente elaboraron.

 

BENVID@S Ó NOVO CURSO

Benvid@s ó curso 2024-2025!

Distribuir contido


by Dr. Radut