Estimadas familias,
O pasado venres, 19 de maio, saíu publicado no DOG a Orde que regula as solicitudes de axudas para a adquisición dos libros de texto, material escolar e o fondo solidario de libros.
Deixamos aquí a información precisa para realizar as solicitudes.
Normativa: Orde de 10 de maio de 2023 (DOG 19/05/2023)
Destinatarios: alumnado que no curso 2023/2024 estude en Educación Primaria ou ESO.
Prazo de presentación: dende o 20 de maio até o 21 de xuño.
Lugar de presentación: na secretaría do centro ou por medio da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada)
Documentación:
- Orde que regula a convocatoria: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-100523-000...
- Extracto da orde que regula a convocatoria: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-100523-000...
- Solicitude: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23899294
- Enlace á sede electrónica: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2023&nump...
- Enlace á aplicación Fondolibros da Consellería de Educación: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/