Skip to Content

A Medela TV

Estimadas familias,

Coa publicación da Medela TV o Equipo Docente do colexio deséxavos de desfrutedes do noso cine e pasedes un bo verán.

Un saúdo cordial.

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E/OU MATERIAL ESCOLAR

Publicadas as listaxes definitivas das axudas para a adquisición de libros de texto e/ou material escolar.

 

Para consultar estas listaxes, deberase acceder ao apartado CIDADÁN, na aplicación informática FONDOLIBROS, na seguinte dirección https://www.edu.xunta.es/fondolibros/.

 

A publicación das listaxes estará visible no taboleiro do interior do centro.

 

A recollida dos vales de libros e/ou material escolar poderá realizarse a partir de hoxe e ata o 10 de xullo.

 

Lembramos que o horario de atención ás familas é de 10:00 a 13:00 horas.

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E/OU MATERIAL ESCOLAR

Publicadas as listaxes provisionais das axudas para a adquisición de libros de texto e/ou material escolar.

 

Prazo reclamacións: 3 e 4 de xullo.

 

Para consultar estas listaxes, deberase acceder ao apartado CIDADÁN, na aplicación informática FONDOLIBROS, na seguinte dirección

 

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

A publicación das listaxes definitivas realizarase a partir do día 5 de xullo.

 

A recollida dos vales de libros e/ou material escolar poderá realizarse dende o venres 5 de xullo ata o mércores 10 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas.

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO IMPRESO

No ficheiro adxunto podedes ver a listaxe de libros de texto e material didáctico impreso para o vindeiro curso 2024/2025.

 

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA COMO COLABORADORAS E COLABORADORES DO COMEDOR

 

Aberto o prazo de admisión de membros da comunidade educativa (nais, pais, titores/as legais e acolledores/as familiares do alumnado) como colaboradoras/es voluntarias/os nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2024/2025.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o día 11 de setembro de 2024.

PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2024/2025.

Aberto o prazo para solicitar praza no comedor escolar para o curso 2024/2025.

 

Instrución 1/2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, do 1 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2024-2025.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Do 24 de xuño ao 1 de xullo (ambos inclusive): de maneira presencial de luns a venres de 10 a 13h.

Pódense recoller os impresos no centro ou descargando o impreso de solicitude que figura como anexo nesta entrada.

PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

Formalización da matrícula: do 24 de xuño ao 1 de xullo (inclusives). Só para alumnado novo que solicitase a admisión.

 

- Presentación presencial na secretaría do centro.

- Documentación a presentar para formalizar a matrícula (a documentación que xa foi entragada na reserva de matrícula non é preciso volver a entregala)

Impreso de matrícula

Ficha datos persoais

Anexos

FONDO SOLIDARIO. AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024/2025

 

Estimadas familias,

O pasado luns 20 de maio saíu publicado no DOG a Orde que regula as solicitudes de axudas para a adquisición dos libros de texto, material escolar e o fondo solidario de libros.

Deixamos aquí a información precisa para realizar as solicitudes.

 

Normativa: Orde de 7 de maio de 2024 (DOG 20/05/2024)

Destinatarios: alumnado que no curso 2023/2024 estude en Educación Primaria ou ESO.

Prazo de presentación: dende o 21 de maio ata o 21 de xuño.

Lugar de presentación: na secretaría do centro ou por medio da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/)

Documentación:

Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Publicada a resolución do 12 de abril de 2024, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso académico 2024-2025.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut