A situación epidemiolóxica non só está dificultando o desenvolvemento da actividade escolar diaria senón tamén as actuacións que se adoitaban realizar fóra das aulas, entre outras, as saídas culturais organizadas polos equipos de dinamización da lingua galega.
Ante estas dificultades, algunhas institucións como o Museo do Pobo Galego (MPG) ou o Museo Pedagóxico Galego (Mupega) están reforzando os seus contidos virtuais e ofrecéndolles novos servizos aos centros educativos. Podedes seguir visitas guiadas, ver exposicións, solicitar o préstamo de materiais etc. Tedes máis información en:
http://www.museodopobo.gal/web/deac-visitas.php
http://www.museodopobo.gal/web/nova.php?idnova=306
http://www.museodopobo.gal/web/visitavirtual.php
http://www.edu.xunta.gal/mupega/museo
http://www.edu.xunta.gal/mupega/visitavirtual
https://museos.xunta.gal/gl/visitas-3d-museos
Neste momento no que se achega a conmemoración do Día da Ciencia en Galego, pódevos interesar especialmente a exposición do Mupega Homo Sapiens, transmisor do coñecemento. A mostra inclúe unidades didácticas adaptadas aos distintos niveis:
http://www.edu.xunta.gal/mupega/taxonomy/term/47.
No web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), tamén atoparedes recursos relacionados co eido científico e coas festividades destas datas (Samaín, Magosto...):
https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/datas-sinaladas/listado?tipo_recurso=Xestion/recurso/Dia_da_ciencia/.
https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/datas-sinaladas/listado?tipo_recurso=Xestion/recurso/Tempo_de_outono/.
No mesmo espazo dispoñedes, ademais de regras e marcapáxinas de Ricardo Carvalho Calero, das guías didácticas e os carteis gañadores do Concurso-Exposición Letras Galegas 2020 en cada unha das categorías premiadas. Se celebrades o Día das Letras Galegas o 31 de outubro, seranvos moi útiles xa que podedes descargalos e imprimilos ou proxectalos directamente na clase: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas.
Non esquezades que, se queredes recibir semanalmente todas estas novidades, debedes subscribirvos ao boletín do Portal da Lingua en: https://www.lingua.gal/alta-boletin-novidades.
Para rematar, animámosvos a que participedes en dúas iniciativas promovidas pola AGAL en colaboración coa SXPL:
- Musicando Carvalho Calero, un concurso de votación en liña no que hai que escoller tres das dez cancións finalistas. O prazo para votar remata o 30 de outubro: https://carvalho2020.gal/musicando/?lang=gl.
- Lectura continuada de Scórpio, un evento que terá lugar no Salón Nobre de Fonseca o 30 de outubro a partir das 17.00 h, e que será retransmitido simultaneamente por streeming.
Podédesvos inscribir en: https://carvalho2020.gal/leitura-continuada/?lang=gl.
Nota: O prazo para presentar as curtas de animación do concurso Nós tamén creamos! do curso 2019/2020 finaliza o 30 de outubro.
https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0116/acordo-ampliacion-prazo-envio-curtas-dos-premios-nos-tamen-creamos-2019-2020
(preme na imaxe e accede a máis contido)
Acceso directo a XOGOS sobre o autor homenaxeado:
LETRAS GALEGAS 2020
ADIVIÑA O PERSONAXE
DESCUBRINDO AO AUTOR
O MISTERIO DA SÚA CASA
CALENDARIO DAS LETRAS GALEGAS