O CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA FOI GALARDOADO NO VII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS COORDINADOS OU CO APOIO DA BIBLIOTECA ESCOLAR.
O PROXECTO "A NOSA ODISEA", realizado polo alumnado de 6ºC durante o curso pasado, acadou o VII premio de traballo por proxectos na categoría de "proxectos de investigación grupo/nivel".
Dito proxecto pretende achegar o clásico de Homero a través dunha readaptación en lingua galega; deixando paso á análise da mitoloxía grega, ao papel da muller na cultura clásica, á creación poética e ás distintas manifestacións artísticas.
Parabéns ao alumnado pola implicación e esforzo ao longo do proxecto!