Skip to Content

Abalar Móvil

Se alguén aínda non o ten instalado no seu teléfono pode descargar a aplicación:

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil.

É unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia. 

Pode instalarse no teléfono móbil ou nunha tablet. A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). 

PASOS A SEGUIR PARA A INSTALACIÓN:

  1. PRIMEIRO BUSCAMOS EN PLAY STORE OU APPLE STORE "ABALARMOBIL" E A INSTALAMOS.
  2. PEDIRANNOS UN NÚMERO DE MÓBIL PARA REXISTRARNOS (o mesmo que se facilitou na Secretaría do centro no momento da matrícula do alumnado).
  3. A ESE MESMO NÚMERO NOS ENVIARÁN UN CÓDIGO DE 9 DÍXITOS.
  4. CON ESE CÓDIGO XA PODEMOS FINALIZAR A INSTALACIÓN.

REQUISITOS CONTRASINAL:

  • Conter mínimo 8 caracteres.
  • Conter polo menos unha maiúscula, unha minúscula e un número.
  • Non coincidir coas últimas 5 contrasinais anteriores (debe ser distinta en 3 caracteres como mínimo)
  • Non pode estar composto polo DNI nin o nome ou apelidos do propio usuario.

Guía para as familias abalarMóbil

As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades

•Acceder aos datos persoais
•Consultar as cualificacións
•Consultar e xustificar as faltas de asistencia
•Solicitar unha cita de titoría
•Consultar os datos do centro educativo
•Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.



page | by Dr. Radut