Skip to Content

Circular Informativa Familia dos Centros participantes no Programa TEI

Circular Informativa Familia dos Centros participantes no Programa TEI

Dende a Concellería de Educación, Xuventude e Saúde xunto co CFR A Coruña(Centro de Formación e Recursos) dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, previa petición dos centros escolares e a implicación dos seus claustros, este curso 2017-2018 implementarase o “Programa TEI. Prevención da violencia e o acoso escolar”.

Trátase dun programa de convivencia para a prevención da violencia e o acoso escolar, é institucional e implica a toda a comunidade educativa, oriéntase a mellorar a integración escolar e  traballa por unha escola inclusiva e non violenta, fomentando que as relacions entre iguais sexan máis satisfactorias, dirixido á mellora ou modificación do clima e a cultura do centro respecto da convivencia, conflicto e violencia (física, emocional ou psicolóxica). Baseándose na tutorización emocional entre iguais donde o respecto, a empatía e o compromiso son los pilares básicos do  desenvolvemento nos centros educativos.

 Como a boa implementación do programa depende tamén da implicación de toda a comunidade educativa o vindeiros mércores, xoves e venres (22,23 e 24 de novembro) terá lugar a formación dos e das docentes implicados no programa dos diferentes centros e do mesmo xeito terá lugar a formación e explicación dirixidas ás familias, que son un pilar fundamental na relación alumnado-centro escolar. Por eso mesmo vos informamos que a formación/información para as familias terán lugar nos días, horas e localización abaixo indicados.

–            

Familias Secundaria: mércores 22 de novembro ás 19:30 horas na Sala de usos múltimes do IES Isaac Díaz Pardo.

–            

Familias Primaria: xoves 23 de novembro ás 19:30 horas na Sala de usos múltiples do IES Isaac Díaz Pardo. 

Entendendo que a prevención da violencia e a aposta por unha mellor convivencia nos centros escolares depende de todas e todos, agardamos a túa importante asistencia para implementar un programa que ten o respaldo especializado da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Barcelona e a Universidade de Alicante.

 Sada, venres 17 de novembro de 2017.



page | by Dr. Radut