Conseguir unha boa predicción é labor, en parte, de persoas que a priori niguén imaxinaría.
Unha delas é Antonio Rodríguez Vicente, mestre do Ceip Pedro Barrié de la Maza de Mondego- Sada, que dende fai moito tempo colabora coa Axencia Estatal de Meteoroloxía.
Esta axencia ten máis de dous mil trecentos colaboradores e Antonio coa axuda de moitos dos seus alumnos recollen datos da estación termopluviométrica.
Tarefa que leva a cabo todos os días con gran dedicación e afición de forma altruista para perfilar as estatísticas meteorolóxicas enviándollas con puntualidade e gran esmero.