Eventos
Obtención certificación de Roi Louzan
Estimadas familias:
Informamos de que o vindeiro día 13 de outubro non hai clase debido a que é un dos días non lectivos que escolle o centro aprobados pola Xefatura Territorial.
Desexámosvos boa ponte.
Bo día:
O centro ten que establecer as seguintes medidas preventivas por mor da alerta meteorolóxica que afectará á nosa zona:
1. Os alumnos/as que veñan da casa; entrarán ás 8:55. O portal exterior abrirase a esa hora e poderán entrar directamente ao interior do cole (medida excepcional) para non esperar preto de cornisas nin árbores.
Pregamos ás familias que non estén agardando antes desa hora no portalón e non se metan aínda que entre un coche.
2. Non se sairá ao exterior no recreo.
3. Extremaranse as medidas de precaución no servizo de comedor de continuar a alerta ao mediodía.
Pedimos colaboración ás familias.
A dirección do centro.
Estimadas familias:
Mañá martes 28 de novembro está convocada unha folga pola organización sindical CIG-ensino, STEG e CSIF.
A consellería establece uns servizos mínimos nos que establece que o centro ten que permanecer aberto e nomea ao director ou persoa do equipo directivo en quen delegue como única persoa docente do centro con obligación de estar no mesmo.
Mañá estableceranse sistemas para agrupar ao alumnado unha vez que sepamos o número de mestres/as que secundan a folga.
A orde de servizos mínimos está no enlace situado debaixo desta circular.