Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Novembro 8, 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
8
9
10
11
12
Start: 12/11/2021 10:01

Estimadas familias:

Consideramos necesario informar e recordar distintos aspectos que poden influír no funcionamento do centro. 

Por unha parte, temos que incidir no deber de puntualidade dos alumnos/as ao centro. Ás faltas reiteradas de puntualidade considéranse como unha falta leve contra á convivencia do centro, recollidas na lei 4/2011 de convivencia e participación nos centros educativos.  

Por outro lado, é convinte recordar que o 10% de faltas mensuais sen xustificar ou indebidamente xustificadas supoñen a apertura dun procedemento de absentismo escolar. Para coñecer as faltas que son xustificables podedes consultar o artigo 2.4 do protocolo de absentismo escolar da Consellería de Educación. O punto 2.4 di o seguinte:

"2.4. Falta xustificable

1. Con carácter xeral, teñen a consideración de xustificables as seguintes faltas de asistencia a clase do alumnado:

a) Citacións que impliquen un deber inescusable, sendo xustificable o tempo necesario.

b) Morte ou enfermidade grave dun familiar de primeiro ou segundo grao.

c) Tramitación de documentos oficiais, presentación a exames e probas oficiais ou similares, sendo xustificable o tempo necesario.

d) Indisposicións, podendo ser xustificables ata un máximo de 2 días lectivos.

e) Enfermidade, sendo xustificable o tempo de prescrición médica.

2. No caso de faltas de asistencia a clase do alumnado non contempladas no apartado anterior, quedará a criterio da dirección do centro educativo a consideración das excepcionais circunstancias que concorran para a súa xustificación ou non. En todo caso, deberá garantirse o dereito á escolarización da alumna ou do alumno."

Por último e non menos importante, hai que recordar encarecidamente que temos un Protocolo Covid no centro que é necesario cumprir, sobre todo no que se refire a uso de mascarillas,distancia e circulación polo centro.

O aumento de casos escolares en Galicia pode provocar a volta a medidas máis restrictivas polo que pedimos ás familias que dende a casa traballen cos nenos e nenas o emprego da mascarilla e o respeto polas distancias. A suavidade das medidas adoptadas neste curso con respecto a actividades no exterior, actividades extraescolares, comedor etc.. poden verse afectadas no caso de ter que volver a medidas máis restrictivas. Os posibles confinamentos tamén están determinados polo incumplimento destas medidas.

 

 

Un saúdo e gracias pola vosa colaboración. 

13
14
Distribuir contido


by Dr. Radut