Skip to Content

ANPA

Pascua 2021

Fotos da festa de Pascua, celebrada no mes de marzo e organizada pola ANPA do colexio. (Premer na imaxe para acceder ás fotos).

Grafiti 6º curso

O día 1 de xullo realizouse, por iniciativa da ANPA do cole, un grafiti a xeito de despedida do alumnado de sexto curso. O grafiteiro encargado foi "Dusem", que explicou aos rapaces a arte do grafiti e recibiu ideas para o debuxo final. O lema escollido era unha frase moi repetida polo profe Xan ("Os nenos, o noso maior tesouro").

Ao rematar o grafiti, tamén puideron practicar eles mesmos cos sprais en cartóns.

Con esa actividade puxemos fin a este curso escolar tan raro e diferente, coa esperanza de que o seguinte sexa mellor.

Bo verán a tod@s!

Actividades da ANPA - Curso 2017-2018:

As actividades ofertadas pola ANPA son as seguintes:

  •  Luns e mércores: Artes marciais (taekwondo) no ximnasio.
  •  Martes: Chiquirritmo  (ximnasio) e fútbol sala (pavillón).
  •  Xoves: Ximnasia rítmica (ximnasio).
  •  Venres: Baile moderno (ximnasio).
  • Tamén se levará a cabo por parte da auxiliar de conversa, Jennifer Prittcher, o taller de desenvolvemento da expresión oral en inglés. O horario será os martes, mércores e xoves despois de comer (15:00 aproximadamente) ata o inicio das clases da tarde (15:30)
Distribuir contido


by Dr. Radut