Estimadas familias,
En relación á conmemoración do 20N, baixo o lema "todo/a neno/a ten dereito a medrar en familia", o alumnado de Educación Infantil e Primaria virá o mércores 20 de novembro á escola en pixama. Durante esta xornada desenvolveranse nos diferentes niveis educativos actividades relacionadas coa importancia da familia, como lectura de contos, visionado de películas, etc.
O Día do Pixama, é unha actividade lúdica e educativa, que se celebra con motivo do Día Internacional dos Dereitos do Neno e a Nena e coincidindo coa aprobación da Convención Internacional dos Dereitos do Neno/a.
O obxectivo desta iniciativa é sensibilizar e dar a coñecer o acollemento familiar como medida de protección que ofrece aos nenos, nenas e adolescentes que tiveron que ser separados da súa familia de orixe, unha familia que os coida, acompaña e quere durante o tempo que sexa necesario. Polo dereito a medrar en familia: Ao cole en pixama!
Agradecemos a vosa colaboración de antemán.
Saúdos, Equipo directivo