Skip to Content

Solicítase persoal COLABORADOR para o comedor escolar

Estimadas familias,

Informámosvos que continúa aberto o prazo de admisión de solicitudes de colaboración para o servizo do comedor escolar. A finalidade é contar cun grupo de apoio que poida cubrir as ausencias ou faltas puntuais do persoal habitual.

O horario é de 13:30h a 15:30h, incluíndo o xantar ó que ten dereito o persoal colaborador. Recordámosvos que este é un servizo retribuído, tal e como se recolle na lexislación vixente (Instrución 1/2024, da Secretaría Xeral técnica da Consellería de Educación, Ciencia Universidades e FP, do 1 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2024-2025).

As persoas interesadas en colaborar, pregamos vos poñades en contacto co centro na maior brevidade posible para unha mellor coordinación no servizo. A documentación a presentar é a Solicitude que podedes atopar no ficheiro adxunto, ademais do Certificado relativo ó Traballo e/ou contacto habitual con menores, onde non consten antecedentes sexuais, que podedes solicitar a través da web do Ministerio ou persoalmente nas oficinas (volo entregan no momento).

Graciñas de antemán pola vosa colaboración.

Saúdos, Equipo directivo

AdxuntoTamaño
Solicitude colaborador ou colaboradora de comedor 24-25.pdf142.31 KB


page | by Dr. Radut