Dentro do noso proxecto de centro sobre as escritoras e escritores de contos, fai uns días puidemos facer unha viaxe ao pasado e ver como se facían antes os libros. E todo sen saír do cole, grazas ao obradoiro de imprenta creativa que levou a cabo Alouette Machine.
Alouette Machine é un proxecto mutante e errante. Unha imprenta impulsada por un motor de cinco cilindros. Un espazo de creación, papel, palabras, poesía, fugas e paixóns, rabia e dúbidas. Letras centenarias de madeira, chumbo, tinta, prensas, rabia humana e presión animal (ou viceversa).