Desde o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro, está aberto o prazo de reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES Julio Prieto Nespereira. Dito alumnado deberá presentar no noso centro:
- ANEXO 1, debidamente cumprimentado.
- Fotocopia do DNI.
A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (01 de marzo de 2023).
O alumnado que desexe cursar os seus estudos noutro instituto distinto ao adscrito farao cubrindo o ANEXO II do 1 ao 20 de marzo.
Se non desexa solicitar praza en dito instituto, pero presentou o ANEXO I, deberá facelo constar por escrito no IES Xulio Prieto Nespereira antes do inicio do proceso de Admisión. Posteriormente deberá solicitar praza noutro centro entre o 1 e o 20 de marzo, entregando o ANEXO II, debidamente cumprimentado, no centro que desexe continuar os seus estudos.
O resto do alumnado, desde Ed. Infantil ata 5º Ed. Primaria, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten Reservada praza de oficio no centro polo dereito de Permanencia. Se decide solicitar praza noutro centro ten que achegarnos unha copia da solicitude de admisión entregada nese novo centro.