Polo Samaín tivemos obradoiros de tatuaxe, manualidades, baile, contacontos entre nenos e xogos varios. Despois de pasar por todos os obradoiros, todos os equipos conseguían unha chave para tentar abrir o candado da caixa misteriosa, que ocultaba pistas para descubrir o tema do proxecto de centro deste curso: a pintura, os pintores e pintoras. Como fin de festa, o alumnado pasou por un photocall que tiña relación cos pintores e co Samaín ao mesmo tempo, xa que era unha réplica do cadro "El grito", de Edvard Munch.
Ademais entregáronse os premios do "Concurso de relato curto de medo" a Daniel, Inés, Sarah Daniela e Lidia. >>>> Ver fotos