Skip to Content

Matrícula alumnado - Curso 2022-2023

O alumnado admitido para o vindeiro curso deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño. Para iso, as familias, deberán cumprimentar a seguinte documentación e entregala no centro:

- Anexo III, debidamente cuberto e asinado. No caso das familias separadas deberanse cubrir as dúas follas que se adxuntan.

- Autorización da imaxe pública, se é o caso.

- Autorización para o ensino da relixión ou atención educativa.

- Autorización das saídas á contorna próxima, de ser o caso.

- Anexo II- comedor (xa está dispoñible)

- Certificado de empadroamento.

- Certificado médico de que o alumno ten todas as vacinas ao día.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

- Autorización para recoller ao alumnado na parada de transporte escolar, de ser o caso.

- Se presenta algunha alerxia alimentaria precisarase entregar un informe médico que así o certifique.

- Dúas fotografías recentes.

 

AdxuntoTamaño
Anexo III- documentos matrícula.pdf804.26 KB
Autorización da imaxe.pdf106.11 KB
Autorización relixión ou atención educativa.pdf102.4 KB
Autorización saídas á contorna próxima.pdf93.16 KB
Autorización transporte.pdf107.71 KB
Comedor 22-23.pdf241.74 KB


page | by Dr. Radut