Skip to Content

Xogando ao atletismo 2022

O pasado xoves 3 de marzo, disputouse no pavillón de Amoeiro o campionato comarcal de "Xogando ao atletismo" en categoría benxamín, coa participación do noso centro e 6 colexios máis.

Foi unha fermosa mañá deportiva onde as carreiras, os saltos e os lanzamentos serviron para que o alumnado disfrutase do atletismo adaptado á súa idade.

Ademais do excelente comportamento de todos os participantes, cómpre destacar o formidable rendemento dos nosos alumnos e alumnas en case todas as probas, o que sevíu para acadar un meritorio segundo posto

O día  10 desenvolveuse a mesma actividade en categoría alevín.

Por último agradecer a colaboración da ANPA do centro no desenvolvemento da actividade.

Fotos benxamíns aquí.

Fotos alevíns aquí.



page | by Dr. Radut