Correo electrónico: ceip.pedraio.amoeiro@edu.xunta.gal
Samaín 2019
O mércores 30 celebramos a Festa do Samaín. E ademais da espectacular exposición de castelos terroríficos durante toda a semana, o propio mércores tivesmo diversas actividades:
- Obradoiro de maquillaxe/pintacaras.
- Obradoiro de manualidades de Samaín.
- Obradoiro de creación de marcapáxinas de medo.
- Circuíto terrorífico no ximnasio.
- Curtas de medo pola tarde.
Ademais, en cada obradoiro, cada grupo ía recollendo unha chave, co fin de atopar a correcta que servise para abrir o maletín no que os trasnos agocharan a chave do comedor...