Neste curso escolar 2018-2019 o equipo de dinamización lingüística estivo formada pola directora que é a coordinadora e o resto do claustro, por contar este centro con menos de seis unidades.
As actividades que se levaron a cabo para fomentar o uso do galego na contorna foron:
- Utilizamos a lingua galega como lingua vehicular.
- Remitimos todos os documentos a calquer organismo en galego.
- Traballamos con diversos organismos: CIM, Concello, Servizos Sociais de Amoeiro e de Ourense...
- Realizamos un "Simulacro de incendio", grazas a Protección Civil (Amoeiro) e a Garda Civil (Tamallancos), a axuda dun pai dun alumno do centro, a ambulancia As Burgas e os bombeiros de O Carballiño púidose facer este real e espectacular simulacro.
- Os xogos populares de mesa que axudaron aos nenos de 4º a 6º a coñecer outros xogos creativos e lúdicos contando, ás veces, con poucos recursos.
- Realizamos o festival de Nadal. Todo o colexio participou na obra de teatro titulada: "O demo asubiador", ademais doutras cancións como: "Imos facer un boneco" de educación infantil, ou acrosport.
- Xogamos co noso idioma a través de cancións como pode ser o "Rap da lingua" ou "Poesías de medo" por Samaín.
- Visitounos Raquel Queizás traendo con ela :"A maleta da avoa" para todo o alumnado do centro e, tamén Sabela, outra contacontos que lles fixo pasar un bo rato aos máis pequenos.
- Nas letras galegas o alumnado de 1º ciclo e infantil fixo: "O casamento da pulga", osmáis maiores ensináronnos abiografía do autor Antón Fraguas e outras cantigas exaltando a importancia do idioma galego.
- O alumnado de 1º, 2º de educación primaria e toda a educación infantil visitou o Auditorio de Ourense para ver unha obra teatral de Mamá Cabra titulada: "Eu cociño, ti cociñas?"
- A educación vial tamén foi unha peza clave a traballar con todo o alumnado. Tivemos unha xornada teórico-práctica na que o alumnado aprendeu novas cousas e tamén as puxeron en práctica.
- Aprendemos novo vocabulario relacionado coa reciclaxe os RAEE (reciclado de aparellos eléctricos e electrónicos) a través do Bolechas.
- O apadriñamento lector é un clásico establecido xa no noso centro para conmemorar o día do libro. Os maiores escollen aos máis cativos para contarlles un conto e facerlle preguntas sobre o texto lido. Hai que estar moi atentos!!!
- Todo o ano o alumnado fixo deporte escolar (bádminton, minibalonmán, campo a través, atletismo, xornada de convivencia...) a través do Plan Proxecta, grazas á implicación do noso mestre de educación física, Miguel Blanco.