Skip to Content

Bádminton co Clube Athlos.

A principios de marzo, o alumnado de 3º ciclo (5º e 6º de primaria), puido disfrutar de 4 estupendas sesións de iniciación ao bádminton con Sara e Olalla, xogadoras e entrenadoras do Clube Athlos de Ourense. Ademáis, na derradeira sesión repartiron agasallos varios entre o alumnado.

Obradoiro de xogos e bailes populares.

Obradoiro de xogos e bailes populares a cargo de Lito e a Asociación cultural Xaquín Lorenzo.

Obradoiro de cestería.

Obradoiro de cestería para infantil e primaria.

Actuación de Migallas polo 8M

Actuación de Migallas polo 8M:  "Elas pintan moito".

Clica na imaxe para ver o álbum completo.

ACTOS DO 8M - 2023

Clica na imaxe para ver todas as fotos do álbum do 8M.

Vídeo 8M_"Chea de vida" en lingua de signos.

Para o Día da muller tomamos prestada unha fermosa canción de #guadigalego

e conmemoramos así o 8 de marzo, xunto con outras actividades.

Participou todo o alumnado do cole, guiado pola profe Cris.

Obradoiro-degustación de queixos.

Fotos do obradoiro-degustación de queixos Feijóo, empresa recoñecida nacional e

internacionalmente pola calidade dos seus produtos. Clica na foto para velas todas.

DESFILE DO VENRES DE ENTROIDO 2023

Fotos do desfile no venres de Entroido. Clica na foto para velas todas.

MANDAS DO MECO 2023

Fotos das mandas do meco, que este ano estaban relacionadas co mundo da pintura. Ademais, cada día había un mural en branco para que os cativos e cativas imitasen as obras dos pintores/as correspondentes. Clica na foto para acceder ao álbum.

 

Admisión alumnado - curso 2023-2024

O prazo para presentar a solicitude de praza no centro é do 1 ao 20 de marzo. A documentación a presentar é a seguinte:

- ANEXO II, debidamente cuberto e asinado.

- Libro de familia.

- DNI dos proxenitores.

- Resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.

Publicación provisional da lista de admitidos e admitidas: 28 de abril de 2023.

Publicación definitiva da lista de admitidos e admitidas: 15 de maio de 2023.

 

Estreando rocódromo!!

Esta semana por fin puidemos estrear o noso rocódromo!!!

Clicando na imaxe de abaixo poderedes ver as primeiras fotos de algúns dos nosos alumnos facendo uso desta nova instalación, que vai ofrecer outra alternativa de ocio e deporte para os recreos e para as clases de Educación Física. Ademais poden disfrutar dela dende os máis pequenos ata os de sexto de primaria.

Na seguinte ligazón podedes saber máis sobre os beneficios da escalada para os nenos.

A instalación foi financiada case íntegramente polas familias de alumnos do centro, tras unha iniciativa da ANPA do curso anterior, que se propuxo recadar o suma necesaria para facelo realidade. Por iso, dende o centro agradecemos á ANPA a colaboración prestada, e a súa aportación a todas as familias colaboradoras, especialmente a aquelas de nenos de 6º, que aportaron desinteresadamente, sabendo que os seus fillos non o ían disfrutar este ano porque xa están no instituto.

Sobre a instalación en si cómpre sinalar que:

  1. Foi realizada por unha empresa certificada, cumprindo con todos os estándares de seguridade requeridos.
  2. O custe da obra foi relativamente elevado debido a que o muro é de ladrillo, polo que hai que utilizar un taco químico especial, máis caro que o que ese usa para outro tipo de muros.

Agora a disfrutalo!!

Fase comarcal campo a través 2023

Clic na imaxe para ver as fotos do campo a través deste ano, onde Yasira Rodríguez obtivo medalla como segunda clasificada en benxamín feminino; e tamén Daniel Díaz e Camilo Requejo se proclamaron campión e subcampión respectivamente en categoría benxamín masculino. Parabéns, campións!! E tamén parabéns a todos os participantes, que sufriron unha incómoda choiva durante parte da mañá.

Despedida profe Eva.

Clic na imaxe para ver as fotos da despedida da profe Eva, á que lle desexamos o mellor nos vindeiros destinos.

profe Eva

Día da Paz 2023

Nas seguintes ligazóns tedes as imaxes e vídeos da celebración do Día da Paz deste ano 2023:

 

Ordes do meco e Entroido

No arquivo adxunto están as Ordes do meco e a temática deste ano do Entroido.

Distribuir contido


by Dr. Radut