Skip to Content

Complementarias

Actos de fin de curso 2017-18

 Carrusel de emocións, bágoas e despedidas nos actos de fin de curso... :

  1. Karaoke en inglés.
  2. Baile de 5º de EP.
  3. Baile de 6º de EP.
  4. Cancións de despedida.
  5. Graduación de 6º de infantil.
  6. Entrega de orlas ao alumnado de 6º de primaria.
  7. Discurso de fin de curso do alumnado de 6º.
  8. Vídeo resumo do curso 17-18.

Todas as fotos clicando na imaxe:

5º e 6º practican primeiros auxilios.

No penúltimo día deste curso 2017-18 contamos de novo coa presenza de Sara e máis Elías para impartir unha práctica de primeiros auxilios ao alumnado de 5º e 6º de primaria. Agradecémoslles unha vez máis a súa colaboración e contamos con eles para vindeiras ocasións.

Sesión de contacontos para infantil con NATI NATILLAS

O pasado 25 de maio , o alumnado de infantil puido disfrutar coa fantástica contacontos NATI NATILLAS, que nos presentou o libro "Historia de una lata". Gustounos moito, e agardamos repetir para o vindeiro curso!!

DÍA DO LIBRO 2018

       VER FOTOS.

Torneo fútbol-sala 2018

Hoxe martes, 17 de abril, os benxamíns e alevíns do noso centro participaron no torneo de fútbol-sala co colexio de Cambeo. Foi un torneo diferente ao habitual, xa que en cada equipo había unha mestura de alumn@s de ambos colexios. Así, case 200 rapaces participaron neste evento no que a convivencia e a diversión foron os principais obxectivos.

Experimentando con BIO-diversión

O pasado 23 de marzo, o alumnado de quinto e sexto curso, puideron experimentar coa ciencia dentro da actividade "BIO-diversión" grazas á presenza de dúas científicas do Instituto de Investigacións agrobiológicas de Galicia. Ver fotos clicando na imaxe.

Xornada de EDUCACIÓN VIAL 2018

Para ver as fotos da xornada de educación vial do pasado luns, 19 de marzo, clicade na imaxe.

Teatro no Auditorio de Ourense

Clic na imaxe para ver as fotos do alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria que foron ao teatro hoxe luns 26 de febreiro.

XORNADAS DE XOGOS POPULARES 2018

Fotos das xornadas de xogos populares que tivemos no centro durante este mes, impartidas por Lito, do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo.

Nestas xornadas os nenos puideron aprender e difrutar con xogos e enredos tradicionais como a birolla, os bolos/birlos, xoguetes feitos con canas ou con material de refugallo...

 

Teatro contra o abuso infantil

Mirade as fotos e vídeos da saída realizada por parte do noso alumnado o martes 12 de decembro, ao Auditorio Municipal de Ourense para ver a obra Pum Pum, de Baobab Teatro.

Un espectáculo onde o guión trata un tema moi delicado (os abusos), e que ofrece diferentes lecturas, según quen o estea vendo: Para os pais/nais lánzase unha mensaxe, hai que estar atentos aos nosos/as fillos/as e sobre todo, transmitámoslles que ninguén pode facer nada sen o seu consentimento; para os/as  nenos/as, lanzamos unha mensaxe, non gardes un mal segredo, cóntao e pesará menos.

Charla sobre os cans.

Distribuir contido


by Dr. Radut