Skip to Content
Enderezo electrónico ceip.pedraio.amoeiro@edu.xunta.gal Teléfono 988 78 89 91

Que é para ti a Paz?

Campionato Galego de cros 2024.

Novo éxito dos nosos 3 participantes no campo a través. Desta volta foi no Campionato Galego disputado o pasado sábado 13 de xaneiro, onde Aroa, Sara e Mateo souberon sobrepoñérse ás caídas, á chuvia e á lama para facer un gran papel a pesares de competir cos mellores corredores e corredoras de Galicia desta especialidade. Moitos parabéns para os tres!!!

 

Mandados do Meco.

Pincha para ampliar.

 

Mandados do Meco.

PREMIO IX TRABALLO POR PROXECTOS

SOMOS UN DOS CENTROS GAÑADORES DO IX CONCURSO POR PROXECTOS REALIZADOS NO CURSO 2022/2023.

O NOSO PROXECTO: A PINTURA: PINTORES E PINTORAS XUNTO CON OUTROS 17 FORON SELECCIONADOS E DOTADOS CON 2.000€.

SE CLICADES NESTE ENLACE PODEDES ACCEDER AO BLOG DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA ONDE PODEDES DESCARGAR AS MEMORIAS DOS PROXECTOS PREMIADOS!!

PARABÉNS A TODOS E TODAS!!

Nadal 2023

Pinchando na imaxe podedes ver todas as fotos do que foi o Nadal no cole este ano.

Houbo exposición de fantásticas estrelas aportadas polas sempre creativas familias. E con esas estrelas elaboramos o mural de Nadal en torno á árbore de madeira que nos fabricou o profe Alberto. Na árbore había tarxetas elaboradas polo nenos e nenas replicando portadas de libros da nosa biblioteca, e ao pé da árbore agasallos co nome dos autores, vinculando así a decoración de Nadal co noso proxecto deste curso sobre escritoras e escritores de contos.

Tamén tivemos cinema de Nadal, e un minifestival presentado por Inés e Mateo de 5º curso, con actuacións de todos os cursos: todo o alumnado cantou unha canción navideña de Rosana baixo a batuta da profe Rebeca, houbo bailes preparados polas titoras e bailes preparados polo alumnado pola súa conta...

Incluso tomamos as uvas/gusanitos ao ritmo das badaladas como se fose fin de ano.

Agardamos disfrutedes das fotos e que teñades boas festas e moi feliz 2024!

Campionato provincial de cros.

O pasado 16 de decembro disputouse o campionato provincial de cros en Ribadavia, coa participación de 3 dos nosos alumnos: Sara Quiroga, Aroa González e Mateo Requejo. Os tres competiron a gran nivel e incluso conseguiron a clasificación para o campionato galego a celebrar o vindeiro mes de xaneiro. Moitos parabéns para os tres!

Facemos bonecos de neve!!

Fabricamos neve e fixemos bonecos de neve en 1º curso.

25N pola eliminación da violencia contra as mulleres.

Fotos da conmemoración do 25N, no que elaboramos un mural colectivo e cantamos entre todos a canción "E ti só ti", de El Diluvi con Sés .

Plantando árbores con pinceis.

Fotos da actividade PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS, que ten un dobre sentido:

Por unha banda supón o peche do proxecto dos pintores do curso pasado, e pechámolo pintando no mural e en bolsas de tea); e por outra banda supón o comezo do novo proxecto deste curso que tratará sobre os escritores de contos, e o mural pintado recolle unha paisaxe de conto, e ten como protagonista a Naturizo, o noso ourizo máis querido e protagonista dunha serie de contos para os máis pequenos.

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS é un proxecto escolar pola sostenibilidade que une cultura e coidado do medioambiente a través da realización no centro de Murais Artísticos, Colaborativos e Ecolóxicos con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que absorben e depuran os contaminantes que hai no aire, coma os óxidos de nitróxeno e outros gases nocivos da industria e do tráfico rodado. Unha iniciativa innovadora que ten como obxectivo achegar ao alumnado unha mensaxe positiva sobre o coidado da contorna, propoñendo alternativas de ocio que fomentan o respecto polo medio natural a través da arte, cunha metodoloxía participativa e colaborativa.

Campo a través 2023 (Fase comarcal)

Fotos do campo a través comarcal celebrado este ano na Veronza (Ribadavia) debido ás malas condicións nas que se atopaba o Puzo do Lago polas chuvias.

Foi unha estupenda xornada de deporte e convivencia na que o equipo do cole obtivo dúas medallas en categoría alevín, ademais de outras grandes actuacións, conseguindo rematar a carreira todos os nosos participantes. Parabéns a tod@s!!

Coñecendo a ximnasia rítmica

Clase de ximnasia rítmica para todo o alumando do cole!!

Magosto 2023

Carreira do San Martiño, unha morea de xogos e bailes, chourizos e castañas foron os ingredientes principais do noso Magosto deste ano.

Día das bibliotecas escolares.

Día das bibliotecas na que tivemos contada de contos polos propios nenos

e posta en marcha das mochilas viaxeiras.

Exposición de gatos negros polo Samaín.

Fotos da fantástica exposición de gatos negros realizada no centro coa colaboración e inmensa creatividade (un ano máis) das familias do noso alumnado. Grazas e parabéns!

Días non lectivos

Autorizados os días NON LECTIVOS elixidos neste centro pola Xefatura Territorial de Ourense:

- 29 e 30 de abril de 2024

 

Distribuir contido


by Dr. Radut