Skip to Content
Enderezo electrónico ceip.pedraio.amoeiro@edu.xunta.gal Teléfono 988 78 89 91

Na busca do tesouro de Pascua!

Fotos do último día do trimestre, no que todo o alumando participou nunha busca do tesouro. En cada clase, tiveron que resolver un enigma que os levaría a un quebracabezas agochado polo cole adiante. Unha vez atopado tiñan que completalo e obter un dos números, que xunto cos do resto de clases, abrirían o candado que pechaba a caixa do tesouro... 

Estreando invernadoiro (por fin!!)

Fotos do invernadoiro por fin rematado, así como dos primeiros traballos realizados nel polo alumnado de 5º e 6º baixo a dirección da profe Bea.

Atletismo en Expourense.

Fotos da experiencia que supón practicar atletismo onde o practican os profesionais, nunha das mellores instalacións de España para este deporte.

ACTOS DO 8M + Día de Rosalía 2024

Este ano conmemoramos na mesma xornada o 8M e mailo Día de Rosalía, e tivemos unha morea de actividades que podedes ver no xornal e no Especial do Amoeiro noticias. Facede clic na imaxe para acceder a todas as fotos.

Amoeiro noticias: especial 8M

Gañadora do concurso do CIM - 8M

Onte, 11 de marzo, entregáronse os premios do IV CONCURSO "ENCHEMOS DE COR A MANCOMUNIDADE" do CIM (Centro de Información á Muller) da Mancomunidade de Santa Águeda. Este ano estaba dedicado a acercar ao alumnado a figura da muller rural galega.

A gañadora na categoría de 4º,5º e 6º de educación primaria foi para a nosa alumna Inés Ganado Álvarez de 5º de primaria. 

Moitos parabéns Inés!!!

 

 

 

 

 

 

 

Campións do "Xogando ao atletismo 2024" !!

O pasado xoves 7 de marzo disfrutamos dunha estupenda xornada de atletismo alevín, organizada polo noso cole no polideportivo municipal, competindo con outros 6 colexios da zona do Arenteiro. Houbo lanzamentos, saltos, carreiras, remudas (relevos) e moita diversión. Ademais, o noso alumnado realizou un excelente papel, conseguindo dominar diversas probas e traéndose para o colexio o trofeo de campións.

No apartado de agradecementos, temos que agradecer ao profesorado do resto de colexios a colaboración prestada, o mesmo que ao alumnado de 6º do noso centro, que colaborou en diversas tarefas ao longo de toda a mañá; e tamén á Asociación Medrando Amoeiro que aportou o necesario para unha saborosa pausa-café do profesorado.

Grazas a tod@s e parabéns ao noso alumnado e ao resto de participantes.

Campionato comarcal de bádminton 2024

O pasado venres 1 de marzo, o alumnado de 5º e 6º disfrutou dunha xornada de convivencia lúdico-competitiva en torno ao bádminton. Desenvolveuse no IES Chamoso Lamas de Carballiño, grazas á colaboración do profesorado de EF dese centro e ao seu equipo directivo, aos que agradecemos a organización e acollida para este evento.

As novas do Faragullas - 8M

Admisión alumnado - curso 2024-2025

ADMISIÓN ALUMNADO:

Dirixida ao alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato que se incorpora ao sistema ou cambie de centro.

O alumnado que continúa estudos no centro onde está matriculado ten garantida a súa permanencia nel e, polo tanto, NON precisa dun novo procedemento de admisión.

SOLICITUDES

- Ordinaria: alumnado que se incorpora ao sistema educativo ou cambia de centro. Solicitude de formulario ED550B

PRAZO E LUGARES DE PRESENTACIÓN:

 - Admisión: do 1 ao 20 de marzo de cada ano, ambos incluídos. A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisiónalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, no centro escollido en primeiro lugar.

DOCUMENTACIÓN:

- Anexo II ( ED550B)

- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros da unidade familiar (cando non se autorice a súa consulta).

- Copia do libro de familia.

- Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos en cada nivel educativo (certificado académico).

- Sentencia xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES:

- Provisional: 25 de abril. 

- Definitiva: antes do 15 de maio.

As persoas solicitantes que conten cun certificado dixital ou chave 365 poderán consultar a listaxe correspondente a súa solicitude a través da aplicación admisionalumnado.

MATRÍCULA:

O alumnado admitido formalizará a súa matrícula no centro educativo correspondente nos seguintes prazos:

- Educación Infantil e Primaria: do 20 ao 30 de xuño.

- Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. prazo ordinario do 24 de xuño ao 07 de xullo.

 

 

Presentación do noso cole

Xornada de portas abertas

 

Entroido "de conto" 2024

Día da Paz 2024

Poemas pola Paz

Distribuir contido


by Dr. Radut