Skip to Content

Merendas saudables. Curso 2019-2020

O Claustro de Profesores do centro recomenda unha alimentación sa e equilibrada, evitando o consumo excesivo de pastelaría e produtos pouco saudables. Para isto, propón a seguinte táboa de comida para o recreo, tanto para Educación Infantil coma para Educación Primaria:

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

LÁCTEOS

 

FROITA

BOCADILLO

FROITA

LIBRE

Listaxe definitiva- Curso 2019-2020

 

AVISO:

O reparto dos libros de texto do fondo solidario realizarase na PRIMEIRA SEMANA DO MES DE SETEMBRO, excepto o martes día 3 por ter ese día claustro.

Saúdos e bo verán!!

VÍDEO-RESUMO curso 2018-19

Agardamos disfrutedes do resumo deste curso que acaba de rematar.

Prometemos volver con forzas renovadas ;-)

Bo verán a todos!

Actos fin de curso 2019

O pasado venres 21 de xuño, tivo lugar o acto final de curso, no que se "graduaron" os alumnos de 6º de infantil e os de 6º de primaria. Houbo bailes, entrega de orlas, discursos de despedida e agradecemento, agasallos, vídeo-resumo do ano escolar, reencontro con antigos alumnos, bágoas e moitas, moitas emocións...

(Ver fotos clicando na imaxe)

PREMIADOS NO CONCURSO DOS BOLECHAS!!!

A clase infantil de Laura, resultou premiada no concurso de debuxo dos Bolechas sobre reciclaxe de aparellos eléctricos e electrónicos.

E na categoría de familias a gañadora foi Bárbara.

Parabéns a todos eles!!!

Libros de texto- Curso 2019-2020

Contando contos con Sabela

O venres 31 de maio o alumnado de infantil puido disfrutar dunha divertidísima contada de contos con Sabela, enmarcada dentro das actividades de animación á lectura programadas para este curso escolar. Mirade as fotos para ver o ben que pasaron!

Despedindo a Sonny

O xoves 30 despedimos á nosa auxiliar de conversa deste curso. Agasallos, globos, apertas, moitos bicos e algunhas bágoas para dicirlle ata loguiño a Sonny. Que che vaia moi ben!!

Visita do alumnado de 6º ao IES Julio Prieto Nespereira

O pasado 30 de maio, o alumnado de 6º curso de primaria realizou, como cada ano, a visita ao IES Julio Prieto Nespereira, onde continuarán os seus estudos ao rematar no colexio. Coñeceron as instalacións, a algúns profes, e tamén aos futuros compañeiros, reencontráronse cos que xa marcharon o ano pasado... E ademais, tivemos a honra de que a nosa ex-alumna Mª Rita nos fixese de guía nesta agradable visita.

Dende o cole de Amoeiro desexámoslles o mellor na nova etapa que lles agarda.

Mirade as fotos picando na imaxe:

Letras Galegas e homenaxe ao profe Xan.

O pasado mércores 15 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas, que desta volta foi especialmente emotivo porque serviu como homenaxe ao profesor Xan Atanes, "o profe Xan".

Así, ademais de actividades propias das letras galegas, tamén houbo interpretación de cancións que o alumnado comezaran a preparar con Xan para este día, así como poemas e cancións adicadas especialmente a él. 

Pinchade na imaxe para ver as fotos.

Excursión ao castro de San Cibrao de Las

O martes 14 de maio realizamos a excursión de fin de curso a San Cibrao de Las. Alí, os nosos alumnos e alumnas convertíronse por unhas horas en arqueólogos, investigadores, rastreadores e mesmo en cazadores castrexos. Todo a través dos diferentes obradoiros que foron realizando con monitores especializados. Así, a través destes obradoiros adptados para as distintas idades, o noso alumnado puido coñecer un pouco máis sobre a cultura e a forma de vida dos nosos antepasados castrexos.

Listaxe definitiva- Curso 2019-2020

Xogando ao atletismo 2019

O pasado mércores, 8 de maio, participamos na competición comarcal de atletismo en Carballiño. Disfrutamos dunha gran xornada deportiva na que o pasamos estupendamente, e ademais acadamos uns excelentes resultados nas 2 categorías a pesares de competir con colexios con moito máis alumnado:

Categoría benxamín:  4º posto por equipos empatados co 3º, con actuacións destacadas de Aitana, campiona en multisaltos; Leire, 3ª clasificada en lanzamento de peso;  e Pablo Díaz, 2º clasificado en salto de lonxitude.

Categoría alevín: campións por equipos (1º posto); con actuacións destacadas de Marta e Paula (campiona e subcampiona en salto de lonxitude); Adriana e Saray (2ª e 4ª en lanzamento de peso); Cíes e Hugo (3ª e 5º en lanzamento de xavelina)...

Ademais, Antía, Irene e Raúl prestáronse voluntarios para colaborar no control de puntuación das probas, e realizaron con solvencia as tarefas encomendadas.

Parabéns a todos eles!!

Clicade na imaxe para ver as fotos.

Distribuir contido


by Dr. Radut