Skip to Content

Batucada de Entroido

O pasado venres puxemos o colofón ao Entroido do colexio cunha batucada polas rúas de Amoeiro...

Clica na imaxe par ver todas as fotos.

Día do amor e a amizade_2020

Na semana do 14 de febreiro celebramos o San Valentín como o Día do amor e a amizade con distintas actividades:

  • Mensaxes de amizade: todos escribiron e recibiron unha mensaxe positiva para un compañeiro do cole.
  • Muro da amizade: Construímos un muro coas palabras amor e amizade en diferentes idiomas.
  • Cartas de San Valentín: lemos unha escolma de cartas de amor/amizade de entre as que se presentaron ao concurso que se convocou para 5º e 6º de primaria.

Charlas sobre acoso e internet segura coa Garda Civil.

Como todos os anos, o centro solicitou as charlas da Garda Civil que ofrece o goberno dentro do Plan Director. Este ano tratouse de novo o tema do acoso escolar e os riscos de internet.

Obradoiro de xogos populares

O venres 7 de febreiro disfrutamos con Lito do obradoiro de xogos populares, que solicitamos, un ano máis, ao Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo. Ao longo da mañá participou todo o alumnado de primaria, practicando diferentes xogos e brincadeiras como a chave, a billarda ou os zancos.

ORDES DO MECO- 2020

LUNS, 17 DE FEBREIRO:

Se no cole de Amoeiro

hoxe ti queres entrar,

o pescozo de amarelo

has de engalanar.

MARTES, 18 DE FEBREIRO:

Coa túa imaxinación

pasiño a pasiño...

decora de cor de rosa

os teus peciños.

MÉRCORES, 19 DE FEBREIRO:

Se neste día te queres divertir,

pinta de vermello o teu nariz!

XOVES, 20 DE FEBREIRO:

Con moita firmeze e destreza,

viste de lila a túa cabeza.

VENRES, 21 DE FEBREIRO:

Todas estas cores para rematar,

vindo de PALLASO/A podes mesturar!!!

Ximcana da igualdade.

Esta semana realizamos unha ximcana da igualdade, na que os nenos/as participaron en diversas actividades lúdicas coas que aprenderon a traballar en equipo e sen diferenzas en función do xénero.

(Clicade na imaxe para ver as fotos.)

Día da Paz 2020

Fotos do Día da paz no que elaboramos un colorido tren, en cuxos vagóns o alumnado foi pegando as súas mensaxes de paz. Tamén cantamos entre todos unha fermosa canción que poderedes escoitar próximamente.

 

Campo a través - fase comarcal 2020

Nova xornada deportiva no Puzo do Lago, con moi boa actuación dos nosos atletas, cunha medalla de Mario e varios clasificados para o compionato provincial. Parabéns a todos eles.

https://photos.app.goo.gl/P6SV9Doxo8aNGzya9

 

Teatro en inglés no Auditorio de Ourense.

Hoxe, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, asistiu a unha divertida obra de teatro (Unboxing Alice), en inglés, no Auditorio de Ourense.

(Clica na imaxe para ver as fotos.)

Pupas, sustos e outros disgustos.

Hoxe tocoulles aos de 3º, 4º e 5º de primaria, aprender sobre primeiros auxilios coa axuda de técnicos de emerxencias sanitarias e persoal de enfermería do Sergas, dentro do programa "Pupas, sustos e outros disgustos". Aprenderon un montón!

Moitas grazas a Elías pola proposta e por xestionar a solicitude da actividade.

Autorización do día non lectivo

Autorización do día non lectivo

Agradecementos.

Xa pasou o Nadal, pero tiñamos pendentes un par de agradecementos:

- Por unha banda, ás familias pola gran colaboraación, unha vez máis, coa exposición de Nadal, que resultou espectacular, con renos de todo tipo, elaborados con todo tipo de materiais...

- E por outra banda, á Panadería Seco, pola saborosa bica coa que nos agasallou o derradeiro día de comedor antes das vacacións, para que degustáramos alumnado, profesorado, e persoal colaborador.

Que teñades un feliz 2020!!

 

Vídeos - Festival de Nadal 2019

Un ano máis celebramos o festival de Nadal no colexio con música, teatro, bailes, humor e acrobacias.

Só queda desexarvos a todos un FELIZ 2020 e que disfrutedes das actuacións destes pequenos grandes artistas que temos no cole:

1. Lara e Yago presentan e reflexionan sobre o vídeo contra a violencia machista.

2. "Canción de Benvida", presentada por Irene e Iria.

3. "Nadal na granxa", obra de teatro presentada por Irene e Iria, que inclúe as actuacións de 2º ciclo, 1º ciclo, infantil... , presentado tamén por Irene e Iria.

4. "Musa dos Ventos", canción instrumental presentada por Estela e Antía.

5. Playbacks de 5º e 6º de primaria, presentados tamén por Estela e Antía.

6. Acrosport "Star Wars" e despedida ata o ano que vén, presentado por Estela e Antía.

 

Nadal 2019

Xa podedes ver todas as fotos do Nadal 2019 no colexio de Amoeiro.

Boas festas a tod@s!! Sorriso

Distribuir contido


by Dr. Radut