Skip to Content

Día das bibliotecas e Festa do Samaín/Halloween 2020.

Fotos da celebración no colexio do Día das bibliotecas e mailo Samaín.
Tivemos diversas actividades. Algunhas delas foron:
- Concurso de relatos terroríficos en 5º e 6º de primaria.
- Teatro: os de 5º e 6º contaron "Contos do revés" ao resto do colexio.
- Música: o alumnado de 3º e 4º interpretou unha canción (Miña abuela Manuela).
- Obradoiro de antifaces de Samaín en cada aula.
- Sesións de cinema.
E outras actividades nas distintas aulas de infantil e primaria.
 

O deporte non ten xénero.

Compartimos este vídeo da Asociación de desenvolvemento rural da comarca de Ourense (ADERCOU).

Pola igualdade e a coeducación. O deporte non ten xénero.

Día do hóckei 2020

Por segundo ano consecutivo, celebramos o Día do hóckei con Yassin, ex-xogador internacional coa súa selección, campión do mundo en varias ocasións e que estivo en varias olimpiadas. O agora entrenador do clube Cidade de Ourense deu unha clase de iniciación ao hóckei na os rapaces puideron coñecer e probar este completo deporte.

Ademais, os nenos e nenas do concello teñen a oportunidade de apuntarse na Escola Municipal de Hóckei para practicar este deporte.

Podedes ver as fotos do Día do hóckei clicando na imaxe de abaixo.

Despedida alumnado de sexto do curso pasado.

O pasado mes de setembro puidemos facer por fin a merecida despedida do alumnado de sexto do curso anterior, que non se puido facer no seu momento por mor do coronavirus.

No acto tiveron a oportunidade de ver en primicia o vídeo resumo do curso anterior.

Logo, á saída do centro todo o alumnado do cole cantoulles unha canción, para log recibir unhos agasallos do alumnado de sexto deste ano.

Finalmente, fixémonos unhas fotos con eles e despedímonos desexándolles o mellor para esta nova etapa que acaban de comezar.

FOTOS DAS PRIMEIRAS SEMANAS DE CURSO 2020-21

2º PREMIO NO CONCURSO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO !!

Gañamos o 2º premio no concurso pola igualdade promovido por ADERCOU !!!
O alumnado de 5º e 6º de primaria, coordinados pola mestra de Plástica (Patricia), e coa axuda da mestra de Música (Cristina), elaboraron unhos estupendos murais que obtiveron o 2º premio. 800 euros que invertiremos en equipamentos que favorezan a coeducación.
O sábado saíu a nova no diario La Región.
 
E aquí tedes as fotos dos murais (que non saen na noticia da Región...):
  

VÍDEO RESUMO DO CURSO 2019-20

Aquí podedes ver o vídeo resumo do curso pasado. Agardamos que sexa do voso agrado.

Plan de adaptación á situación COVID

Autorizacións para a recollida do alumnado

Nos documentos adxuntos engádense dúas autorizacións para a recollida dos vosos fillos/as en caso de que non poidades recollelos os pais/nais ou titores/as legais e, a última é específica para o alumnado que cursa 5º ou 6º de educación primaria que poderán ir sen acompañante se os pais/nais firman dita autorización.

  • Para recollelos á saída das clases.
  • Para a recollida na parada de autobús.
  • Para ir sen acompañante a súa casa (soamente para o alumnado de 5º e 6º de primaria).

Modelo de declaración responsable

No arquivo atoparedes o modelo de declaración responsable que deberedes imprimir, cubrir, asinar e enviar ao correo electrónico do colexio:

ceip.pedraio.amoeiro@edu.xunta.gal

 

Grazas de antemán pola vosa colaboración.

 

Calendario escolar 2020-2021

Servizos mínimos da FOLGA

Garantízanse os SERVIZO MÍNIMOS establecidos para a FOLGA de mañá (10 de setembro) tendo en conta a Orde do 8 de setembro de 2020 (DOG 9/09/2020).

Saúdos.

A dirección do centro.

Inicio do curso escolar

Iniciamos un novo curso escolar que se fará de forma escalonada:

- Día 10:

  • 4º de educación infantil
  • 5º de educación infantil
  • 1º de educación primaria
  • 2º de educación primaria
  • 3º de educación primaria

Ao día seguinte, venres 11 de setembro, incorporaranse ao centro o alumnado do día 10 máis os restantes:

- Día 11:

  • 6º de educación infantil
  • 4º de educación primaria
  • 5º de educación primaria
  • 6º de educación primaria

Listaxe de material para o alumnado de primaria

Nos arquivos adxuntos atoparedes o material que os vosos fillos/as precisarán mercar segundo o seu curso.

Información para as familias de Educación infantil

Nos adxuntos atoparedes a información en canto ao período de adaptación, a entrevista ás familias e o material necesario para este curso escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut