Skip to Content

Programa Braulio Tuber

A maioría lembraredes o programa da tvg que se rodou no cole coa participación do alumnado de 5º e 6º de primaria. Pois aquel Braulio Tuber do curso pasado pódese ver na web da crtvg. 

http://www.crtvg.es/infantil/programas/braulio-tuber/braulio-tuber-iii-106-4745164

E aquí as fotos daquel día:

Canción da reanimación cardiopulmonar.

Canción para aprender a reanimar, cantada en galego, e na que participou o alumnado de infantil e 1º ciclo; acompañados cos ukeleles por alumn@s de 6º e pola profe Cris. A canción orixinal foi realizada por Marta Nonide, médico do SAMU Asturias e creadora de 'RCP desde mi cole'.

Recitando a Rosalía_2021

Alumnado de primaria recitou os versos máis famosos de Rosalía, para celebrar o 24 de febreiro.

 

Búscanse valentes - Día contra o acoso escolar.

Búscanse valentes - Videoclip contra o acoso escolar protagonizado polo alumnado de infantil e primaria do CEIP de Amoeiro. Cantado na nosa lingua polo propio alumnado grazas á adaptación ao galego realizada pola mestra de Música (Cris), a partires da famosa canción de "El langui".

Novo blog da biblioteca!!

Non deixedes de visitar o novo blog da biblioteca, onde iremos contando todas as novidades.

Lembrade que estamos inmersos no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) e que iso nos permite acometer unha reforma integral da nosa biblioteca. Unha reforma que xa está en marcha, e da que vos iremos informando a través do blog:   

Día do libro con Pablo Nogueira.

No Día do libro contamos coa presenza de Pablo Nogueira, que nos contou dos contos dos que ten el publicados. Previamente o alumnado de 4º, 5º e 6º, coordinado pola profe de plástica (Patricia), preparou uns estupendos murais para a ocasión.

Podedes ver as fotos aquí clicando na imaxe:

Listaxe provisional de admitidos- Curso 2021-2022

Todas as persoas solicitantes de praza no período establecido para o curso 2021/2022 obtiveron praza.

A solicitude fóra de prazo queda pendiente de asignala a Inspección Educativa.

Reportaxe sobre o colexio no Xornal Escolar

O mércores 24 de marzo saímos no Xornal Escolar da Región, que fixo unha reportaxe sobre o noso cole, onde destaca os proxectos e programas nos que estamos inmersos durante este curso.

Na seguinte ligazón podedes ver as fotos:

https://photos.app.goo.gl/u9q46qd3ZrdqaL1q9

Día da Muller 2021

Fotos da celebración do Día da Muller 2021, onde puxemos a nosa pegada nun novo mural do concello, fixemos solapeiras para coñecer mulleres pioneiras en Galicia e no mundo, traballamos a igualdade con libros previamente seleccionados, fixemos unha exposición temática, debuxos, debates, visionado de vídeos...

Día de Rosalía 2021

Fotos da celebración, o pasado mes de febreiro, do Día de Rosalía, a nosa escritora máis universal.

Jerusalema Dance _ 5º-6º de primaria

JERUSALEMA DANCE 2020 - Vídeo canción traballada en Música e Educación Física polo alumnado de 3ro ciclo (5º-6º EP) durante a semana previa ao Nadal, para compensar a falta do festival deste ano por mor da covid19.

Vídeo: Ruta polo Entroido galego.

Vídeo resumo das lapbooks (solapeiras) sobre as distintas figuras do Entroido,

elaboradas polos alumn@s de 3º-4º de primaria.

Proceso de admisión alumnado- Curso 2021-2022

A partir do 1 de marzo ábrese o prazo para a reserva de praza. As familias interesadas deberedes traer a seguinte documentación:

- Anexo II debidamente cuberto e asinado.

- Libro de familia

- DNI dos proxenitores.

- Certificado de empadroamento.

- Solicitude de parada de transporte (de ser o caso).

Vídeo: desfile e xogos do Entroido

Vídeo de todos os cursos de infantil e primaria:

ENTROIDO 2021 _ PEQUE-CHEFS

Fotos dos nosos pequechefs no desfile e nos xogos durante o Entroido 2021:

Distribuir contido


by Dr. Radut