Skip to Content
Enderezo electrónico ceip.pedraio.amoeiro@edu.xunta.gal Teléfono 988 78 89 91

Un planetario no colexio.

O pasado venres 3 de xuño tivemos unha actividade moi especial no cole, xa que puidemos disfrutar dun planetario no patio cuberto! Os diferentes cursos foron pasando polo planetario con forma de iglú para coñecer máis sobre o espazo exterior grazas ás proxeccións e explicacións que recibiron alí dentro.

Ademais realizaron outras actividades fóra do planetario como lanzamento de foguetes de xoguete e simulacións do sistema solar.

Exposición e charla sobre cabaceiros.

No mes de maio tivemos no centro unha exposición sobre cabaceiros, ademais dunha charla de Arturo Fdez. Araújo, especialista no tema dos hórreos.

Ver fotos aquí.

Letras Galegas 2022

Este ano celebramos as festa das nosas letras con recitados de adiviñas, ditos e refráns, e un pasapalabra sobre Florencio Delgado, entre outras actividades.

Ver fotos aquí.

Convivencia co colexio de Boborás.

O pasado venres 27 de maio celebramos unha xornada de convivencia no noso centro. Foi entre alumnado de 1º ciclo do noso centro e 29 nen@s de 1º ciclo do CEIP de Xuvencos, de Boborás.

A xornada enmárcase dentro do programa Xogade (modalidade multixogo), no que participamos todos os anos. Organizouse en 7 zonas por onde o alumnado ía rotando e practicando distintos xogos, a maioría de tipo tradicional.

Axuda a libros de texto e material escolar- Curso 2022-2023

Orde 29 de abril de 2022 que regula as axudas a material escolar, libros de texto e fondo solidario.

As solicitudes poderanse presentar en papel ou ben facéndoa a través da aplicación fondolibros.

Os anexos a cumprimentar son os que aparecen a continuación:

- Anexo I

Listaxe definitiva - Curso 2022-2023

Acábase de publicar no taboleiro do centro a listaxe definitiva de alumnado admitido para o vindeiro curso. Todas as solicitudes presentadas foron admitidas.

Lembrade que o prazo de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Apadriñamentos lectores (Día do Libro 2022)

Concerto-teatro "Nova noviña".

Fotos da obra-concerto "Nova noviña" que puido disfrutar todo o alumnado do centro o pasado 7 de abril e que está enmarcada dentro do proxecto sobre o espazo no que está inmerso o centro durante todo este curso.

 

Torneo comarcal de bádminton - Arenteiro 2022

O 5 de abril disputouse o torneo comarcal de bádminton da Agrupación Deportiva Arenteiro, tras dous anos de parón pola pandemia. Foi no IES Chamoso Lamas (Carballiño), grazas ao profe Carlos, de Ed. Física, que este ano organizou estupendamente a actividade. Parabéns a el e a todos os participantes. Agardamos repetir o vindeiro ano!  Ver fotos.

Pupas, sustos e outros disgustos.

O pasado 4 de abril houbo sesión de primeiros auxilios para o alumando de 3º e 4º de primaria. Foi de novo, grazas ao programa do Sergas "Pupas, sustos e outros disgustos", promovido pola Área sanitaria de Ourense. Nel ensínase mediante o xogo, aos nenos e nenas, a reacciónar ante certas emerxencias e problemas de saúde.

Ver fotos.

Iniciándonos na robótica con "escornabots".

O pasado 30 de marzo tivemos a oportunidade de iniciarnos no mundo da robótica cuns pequenos trebellos chamados "escornabots". Alumnado de infantil e primaria puido disfrutar programando estes pequenos robots para que realizasen as misións que lles ían encomendando.

Fotos aquí.

Listaxe provisional de admitidos- Curso 2022-2023

Todo o alumnado solicitante de praza para o curso 2022-2023 obtivo praza.

Día de Rosalía

Na celebración do Día de Rosalía houbo pegada de versos nun mural de Rosalía que elaboramos o ano pasado, e tamén houbo bailes dos máis pequenos, e recitados por parte dos maiores.

Ver fotos.

Distribuir contido


by Dr. Radut