Skip to Content
Enderezo electrónico ceip.pedraio.amoeiro@edu.xunta.gal Teléfono 988 78 89 91

Fase comarcal campo a través 2023

Clic na imaxe para ver as fotos do campo a través deste ano, onde Yasira Rodríguez obtivo medalla como segunda clasificada en benxamín feminino; e tamén Daniel Díaz e Camilo Requejo se proclamaron campión e subcampión respectivamente en categoría benxamín masculino. Parabéns, campións!! E tamén parabéns a todos os participantes, que sufriron unha incómoda choiva durante parte da mañá.

Despedida profe Eva.

Clic na imaxe para ver as fotos da despedida da profe Eva, á que lle desexamos o mellor nos vindeiros destinos.

profe Eva

Día da Paz 2023

Nas seguintes ligazóns tedes as imaxes e vídeos da celebración do Día da Paz deste ano 2023:

 

Ordes do meco e Entroido

No arquivo adxunto están as Ordes do meco e a temática deste ano do Entroido.

Reserva de praza para o IES Julio Prieto Nespereira

Desde o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro, está aberto o prazo de reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES Julio Prieto Nespereira. Dito alumnado deberá presentar no noso centro:

- ANEXO 1, debidamente cumprimentado.

- Fotocopia do DNI.

Fotos do Nadal 2022

Xa están na nosa galeria, en Padlet, todas as fotos deste Nadal no cole en 5 álbums:

  • Exposición de presonaxes do Nadal.
  • Despedida do profe Xabi.
  • Sesión de cinema con flocos de millo.
  • Actuacións de Nadal.
  • Visita do Apalpador.

https://padlet.com/buxaina/n7kbc0i5hbh859wu
 
Felices festas a tod@s!!

25N contra a violencia machista.

Xa podes ver todas as fotos clicando na seguinte ligazón:

Fotos do 25N no noso cole.

Charlas sobre acoso e internet segura

Hoxe tivemos as charlas sobre acoso e internet segura coa Garda Civil, dentro do Plan Director do Ministerio. Ver fotos.

Magosto 2022

No Magosto deste ano tivemos fogueira e todo!

Podedes ver todas as fotos na seguinte ligazón: https://photos.app.goo.gl/sxkz9gcz4XUBsDWq5

Autorización do día non lectivo

Resolución da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional e Universidades da autorización do día non lectivo.

Samaín 2022

Polo Samaín tivemos obradoiros de tatuaxe, manualidades, baile, contacontos entre nenos e xogos varios.

Día das bibliotecas con Xabier Domínguez.

Este ano celebramos o Día das bibliotecas coa colaboración do noso profe Xabi, que ademais é o autor dos libros de Naturizo!!! Con Xabi tivemos contacontos e aprendimos unha morea de cousas, entre outras, como se fai un libro dende o principio ata o final. Ver fotos.

 

Exposición de pantasmas (Samaín 2022)

 Fai clic aquí para ver o álbum da exposición de pantasmas do alumnado.

Parabéns un ano máis ás familias pola súa participación e creatividade!

Renovación Consello escolar 2022

No arquivo adxunto aparecen as datas e as distintas actuacións que se levarán a cabo nelas.

Pagamento da taxa do comedor

As familias que teñades que aboar o comedor escolar dos vosos fillos/as tedes dúas opcións:

- Ir ao banco e facelo de maneira presencial.

- Facelo de maeira telemática a través de internet. Se optades por esta opción, no ADXUNTO, indícavos como facelo.

Distribuir contido


by Dr. Radut