Skip to Content

Escolares

Día da Muller 2021

Fotos da celebración do Día da Muller 2021, onde puxemos a nosa pegada nun novo mural do concello, fixemos solapeiras para coñecer mulleres pioneiras en Galicia e no mundo, traballamos a igualdade con libros previamente seleccionados, fixemos unha exposición temática, debuxos, debates, visionado de vídeos...

Día de Rosalía 2021

Fotos da celebración, o pasado mes de febreiro, do Día de Rosalía, a nosa escritora máis universal.

Recomendacións lectoras - Día das bibliotecas.

Con motivo do Día das  bibliotecas escolares, os alumnos e alumnas do colexio recomendáronnos, en forma de debuxo, o seu libro favorito. Neste video podedes ver esas recomendacións.
Desfrutade da lectura!!

RECURSOS EDUCATIVOS POR TV

Aínda que somos conscientes de que nin internet, nin a tv poden substituír as clases presenciais na aula, seguiremos ofrecendo os recursos que vaiamos coñecendo para axudar ás familias durante esta situación tan excepcional que nos tocou vivir.

A partires de hoxe, hai unha programación especial por televisión con clases para nen@s.

Ata 12 anos en CLAN tv.
Para secundaria en La 2 de TVE.
Déixámosvos os horarios aquí.

APPS, WEBS E MOITAS ACTIVIDADES PARA NEN@S

Aquí tedes unha ligazón a un blog con múltiples recursos aproveitables para este tempo de confinamento.

http://entrenubesespeciales.blogspot.com/

Aí poderedes atopar:

  • información útil para familias;
  • apps e webs educativas;
  • ideas sensoriais;
  • 70 ideas fáciles para xogar con nenos na casa;
  • iniciativas culturais, festivais...;
  • actividade física, ioga, meditación...;
  • libros e xogos;
  • cadernos de actividades;
  • entre outras ideas para o lecer d@s nen@s e para divertirse en familia.
Distribuir contido


by Dr. Radut