Skip to Content
Enderezo electrónico ceip.pedraio.amoeiro@edu.xunta.gal Teléfono 988 78 89 91

20N - Día Internacional dos Dereitos do Neno e a Nena

Estimadas familias,
En relación á conmemoración do 20N, baixo o lema "todo/a neno/a ten dereito a medrar en familia", o alumnado de Educación Infantil e Primaria virá o mércores 20 de novembro á escola en pixama. Durante esta xornada desenvolveranse nos diferentes niveis educativos actividades relacionadas coa importancia da familia, como lectura de contos, visionado de películas, etc.
O Día do Pixama, é unha actividade lúdica e educativa, que se celebra con motivo do Día Internacional dos Dereitos do Neno e a Nena e coincidindo coa aprobación da Convención Internacional dos Dereitos do Neno/a.
O obxectivo desta iniciativa é sensibilizar e dar a coñecer o acollemento familiar como medida de protección que ofrece aos nenos, nenas e adolescentes que tiveron que ser separados da súa familia de orixe, unha familia que os coida, acompaña e quere durante o tempo que sexa necesario. Polo dereito a medrar en familia: Ao cole en pixama!

Agradecemos a vosa colaboración de antemán.

Saúdos, Equipo directivo

Campionato comarcal de CROS

O pasado Xoves 7 de novembro tivo lugar a clasificación para o campionato provincial de CROS entre os diferentes centros que conforman a ADE Arenteiro, no que participou o noso centro.

Damos a noraboa a todos os nosos alumos polo seu esforzo e, especialmente a aqueles que conseguiron clasificarse para o campionato provincial: Noé, Izan, Angélica, Xián, Daniel (gañadr da súa categoría) e Aroa.

Deixamos un breve vídeoresumo da xornada así como as imaxes na galería do centro, a cal se pode atopar na parte superior dereirta da páxina web.

 

 
O teu navegador non soporta este vídeo.

Votacións Consello Escolar

Estimadas familias,
O vindeiro martes 19 de novembro estades convocadas para a votación onde elexiredes aos candidatos que vos representarán no Consello escolar.

O horario establecido para tal fin será de 16:00 a 18:00h. Animámosvos a todos os pais e nais a que participedes nesta votación como unha forma máis de colaboración co centro educativo, para a renovación do noso Consello Escolar.

Graciñas de antemán.
Saúdos, Equipo directivo

Celebramos o Magosto no noso cole!

O pasado martes 12 de novembro gozamos dun día moi especial no colexio coa celebración do tradicional Magosto. 

Comezamos coa clásica carreira de San Martiño, onde todos os cursos competiron con moito entusiasmo. A continuación, puxemos a proba a nosa habilidade e creatividade en diferentes xogos con castañas: carreiras, roubacastañas, pano do río,paracaídas... Por suposto, non podía faltar o momento de repoñer forzas: saboreamos uns deliciosos bolos preñados xunto cunhas castañas quentiñas.

Deixamos un vídeo con algunhas fotografís do día, na galería do centro pódense atopar esas e moitas máis.

Plan Director - Acoso, ciberacoso e redes sociais

O pasado venres 8 de novembro, tivemos o pracer de contar coa Garda Civil para impartir unha interesante charla sobre un tema de grande relevancia: a seguridade nas redes sociais, o acoso e o ciberacoso.

Durante a sesión, o alumnado tivo a oportunidade de reflexionar sobre os riscos asociados ao uso de Internet e as redes sociais, así como de coñecer ferramentas e estratexias para previr situacións de acoso e ciberacoso.

 

Día das Bibliotecas Escolares

Para conmemorar o Día das Biliotecas Escolares o alumnado de 6º de Educación Primaria preparou unha obra de teatro basada no conto "Guapa". 

Como vén sendo habitual tamén se iniciou coa rotación das mochilas viaxeiras, cheas de xogos e historias que levar ás casas.

(Podedes atopar o vídeo da obra de teatro na galería do centro, situada na parte superior esquerda da páxina web)

 

Samaín 2024

Celebramos no noso cole o samaín cunha morea de actividades. Durante a mañá todo o alumnado realizou un roteiro por distintos obradoiros relacionados coa temática desta celebración.

Deixámosvos un video-resumo do día así como todas as imaxes na galería do centro (situada na parte superior esquerda da web do centro).

 

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

Na localidade de Amoeiro e sendo as 10 horas do día 6 de novembro de 2024, reúnense na sala do profesorado do CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo, desta localidade,os compoñentes da Xunta Electoral deste centro, baixo a seguinte orde do día:

 1.    Admisión, proclamación e publicación de candidaturas.

 2.    Aprobación definitiva de censos electorais.

 3.    Aprobación de papeletas e sobres de votación.

 4.    Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais.

 Iniciado o acto, procédese a desenvolver a orde do día, coa obtención dos seguintes acordos:

 1º- Admitir, proclamar e publicar as candidaturas presentadas polos distintos sectores segundo se indica seguidamente:

 a)    Nais, pais e titores legais do alumnado:

 ·         D. JAVIER LÓPEZ CARNERO

 ·         D. DIEGO FORMOSO PATO

2º- Unha vez efectuadas as correccións oportunas, aprobar e publicar definitivamente os distintos censos electorais.

 3º- Aprobar os modelos de papeletas e sobres de votación. Nas papeletas figurarán a relación alfabética dos nomes dos candidatos (a sinalar cunha ou máis cruces no acto da votación, segundo os casos). Os sobres serán todos iguais, en tamaño 12x18cm.

 4º- Seguidamente, en virtude das disposición legais establecidas, a Directora e Presidenta da Xunta Electoral procede a das as instrucións oportunas para designar mediante sorteo, aos catro pais, nais ou titores legais, tanto titulares como suplentes, que formarán parte da mesa electoral correspondente, resultando elixidos:

 1.    Vocais titulares para a mesa de pais e nais:

 ·         Dna.(nº102) SARA RODRÍGUEZ RIVAS

 ·         Dna.(nº3)  ANA MARÍA ALONSO ABELLÁS

 ·         Dna. .(nº8)  LIDIA ÁLVAREZ GONZÁLEZ

 ·         Dna. .(nº90)  MONSTSERRAT REQUEJO CARIDE

 2.    Vocais suplentes para a mesa de pais e nais:

 ·         D.(nº66)  Roberto López Rodríguez

 ·         Dna. (nº 88) MONSTSERRAT RATÓN PARADELA

 ·         Dna. (nº 50) MARÍA JOSEFA GONZÁLEZ FERNÁNDEZ

 ·         D. (Nº 15) FLORIAN BAGNOLI

Polo tanto, a mesa electoral do sector de nais, pais do alumnado estará formada pola Directora do centro, que actuará como Presidenta, e os vocais titulares ou, no seu defecto, polos vocais suplentes segundo a orde anteriormente establecida.

E, sen máis asuntos que tratar, a Presidenta da Xunta Electoral levanta a sesión ás 10:30h da data ao principio mencionada, e que, como Secretaria dou fe.

Helena González González, Presidenta  -  MªCarmen Carrero de Oliveira, Secretaria

La vuelta al cole. Uno entre cien mil

O venres 25 de outubro levamos a cabo "La vuelta al cole", unha proposta da fundación "Unoentrecienmil" para recadar fondos para a investigación sobre a leucemia infantil. 

Deixámosvos un pequeno vídeo-resumo da actividade así como as imaxes da mesma na galería do centro, a cal se pode atopar na parte superior esquedar da páxina web.

(Adxúntase o recibo xustificativo de ingreso á fundación.)

 

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

CONVOCATORIA

De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 18/09/24) a XUNTA ELECTORAL deste centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS/AS, segundo as seguintes normas:

 1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), correspondente elexir no presente proceso electoral a 4 pais/nais, dun total de 5 que debe ter o Consello escolar.

2. A xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

3. A presentación de candidaturas* é ata o día 5 de novembro ás 14:oo horas.

 Amoeiro, 28 de outubro de 2024

 A PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL,

Asdo.: Helena González González

*MODELO DE CANDIDATURA DE PAIS/NAIS DO ALUMNADO, NO DOCUMENTO ADXUNTO

Días non lectivos-Samaín-Magosto

Estimadas familias,

Recordámosvos que o xoves 31 e o venres día 1 non haberá clase, xa que son días non lectivos. Aproveitamos para informarvos de que o alumnado poderá vir disfrazado ó centro o mércores 30, día no que celebraremos o Samaín con diferentes actividades e obradoiros no centro.

Ademais, coma todos os anos, solicitámosvos unhas pouquiñas castañas xa amoxetadas-picadas- para a celebración do Magosto o vindeiro venres día 8. Poden traelas a partir de mañá.

Agradecemos a vosa colaboración de antemán.

ODS. Reciclaxe e bonecos crecepelo (EI)

O venres 18 de outubro o alumnado de Educación Infantil realizou un taller organizado pola Diputación de Ourense no que se traballou a reciclaxe dentro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

Levouse a cabo a lectura do libro "Capitán Verdeman" así como a elaboración de bonecos crecepelo caseiros.

Adxuntamos un pequeno vídeo-resumo con imaxes da actividade (Ditas imaxes atópanse na galería do centro, a cal se pode atopar na parte superior esquerda da páxina web.)

Saida a "FUNTASTIK"

O venres 4 de outubro realizamos unha saida a "FUNTASTIK", un evento que combinaba diversión, deporte e educación, organizado no recinto ferial de expourense e que contaba cunha zona LEGO, parque temático dos pitufos, pista de patinaxe ecolóxica ou circuitos de obstáculos entre outras actividades.

Este evento gardaba tamén un enfoque educativo buscando promover os Obxectivos de Desarrollo Sostible (ODS) a través de actividades interactivas.

Adxuntamos un pequeno vídeo-resumo con imaxes da actividade (Ditas imaxes atópanse na galería do centro, a cal se pode atopar na parte superior esquerda da páxina web.

 

 

Solicítase persoal COLABORADOR para o comedor escolar

Estimadas familias,

Informámosvos que continúa aberto o prazo de admisión de solicitudes de colaboración para o servizo do comedor escolar. A finalidade é contar cun grupo de apoio que poida cubrir as ausencias ou faltas puntuais do persoal habitual.

O horario é de 13:30h a 15:30h, incluíndo o xantar ó que ten dereito o persoal colaborador. Recordámosvos que este é un servizo retribuído, tal e como se recolle na lexislación vixente (Instrución 1/2024, da Secretaría Xeral técnica da Consellería de Educación, Ciencia Universidades e FP, do 1 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2024-2025).

As persoas interesadas en colaborar, pregamos vos poñades en contacto co centro na maior brevidade posible para unha mellor coordinación no servizo. A documentación a presentar é a Solicitude que podedes atopar no ficheiro adxunto, ademais do Certificado relativo ó Traballo e/ou contacto habitual con menores, onde non consten antecedentes sexuais, que podedes solicitar a través da web do Ministerio ou persoalmente nas oficinas (volo entregan no momento).

Graciñas de antemán pola vosa colaboración.

Saúdos, Equipo directivo

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

Eleccións ao Consello Escolar entre o 18 e 22 de novembro, ambos incluídos.

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG Núm.180 18/09/2024), informámosvos que proximamente o noso centro procederá á renovación parcial dos membros dos diferentes sectores educativos do CONSELLO ESCOLAR.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

  • A directora do Centro.
  • Un/ha profesor/a.
  • Un pai ou nai ou persoa titora legal.
  • Un representante do persoal de administración e servizos.

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na Disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG Núm.156 do 9 de agosto de 1996). Dito sorteo, que será público, preverá a designación de membros suplentes, e celebrarase neste centro o vindeiro martes, día 22 de outubro, ás 11.30 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut