Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

Audio by year 2017

Progr34: CEIP As Covas de Meaño- O grúfalo

ILUSTRADOR: Axel Scheppler.

COLEXIO: C.E.I.P As Covas de Meaño.

EDITORIAL: Patas de Peixe

RESUME: Un grúfalo moi arrepiante, un ratiño valente e mentiroso, unha serpe, un raposo e un moucho. Con esta historia e personaxes aprendemos que non hai que decir mentiras e solucionar os problemas falando, non pelexando.

Aínda que son de primeiro de primaria, estes nenos fixérono xenial grazas a un clube de lectura no que falan e debuxan sobre o libro.


4:30 minutes (10.29 MB)

Progr 41: CEIP As Covas de Meaño-EL OSO QUE LEIA NIÑOS

TÍTULO: EL OSO QUE LEIA NIÑOS

AUTOR:  Gonzalo Mouree.                 

EDITORIAL: S. M.  Barco de vapor.

COLEXIO: C.E.I.P as Covas de Meaño.

ARGUMENTO:

O protagonista é un oso chamado Ñam Ñam.

 

Ñam Ñam tiña unha familia oso, pero un día uns cazadores con cans  de caza o meteron nunha gaiola. Pero Ñam Ñam era un oso de conto, non de verdade, e cando Noemí abriu o libro para lelo, Ñam Ñam lle pide axuda para saír de gaiola. Os nenos e nenas de Meaño fixérono moi ben.


5:52 minutes (13.41 MB)

Programa de Radio nº 47. CEIP PAZOS DE REIS: A señorita Bubble.

TÍTULO: A señorita Bubble

AUTOR: Ledicia Costas

COLEXIO: Pazos de Reis

RESUMO:  A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.


4:12 minutes (9.61 MB)

Programa de Radio nº 49 CEIP Nº 2 DE TUIi: Recendos de aire sonoro

AUTOR:  Antonio García Teijeiro

ILUSTRADOR: ‎ Fino Lorenzo

EDITORIAL:  XERAIS

 

En Recendos de aire sonoro as notas musicais e as palabras danse a man e camiñan xuntas polos vieiros que trazan os versos. Nos seus poemas ecoa o violín, treme a arpa, percute o timbal, láiase a gaita, Beethoven saúda a Bob Dylan mentres berran as guitarras de rock e a orquestra se despista. Un libro para ler cos cinco sentidos. As dúas paixóns de Antonio García Teijeiro, a música e a poesía, establecen un diálogo fascinante neste poemario fermosamente ilustrado por Fino Lorenzo, que vai espertar nos lectores e lectoras sensacións vivas e profundas, cargadas de emoción


9:44 minutes (22.28 MB)


by Dr. Radut