ENTROIDO 2022 - CAMIÑADA A SANTA MARÍA
O vindeiro venres 25 de febreiro celebramos o Entroido no noso colexio.
Faremos unha camiñada dende o centro escolar ata a Igrexa de Santa María de Melide. Cada alumno e alumna levará un traxe de peregrino actual, con gorra, mochila coa merenda e auga pero sen bastón, o resto de accesorios queda á vosa imaxinación.
As familias podedes acompañarnos neste camiñada, pero detrás do último curso que saia do colexio, polo tanto detrás de sexto, ou ben podedes agardar aos nen@s en Santa María ou recibilos na entrada do colexio. Cada curso deberá realizar unhas probas ao longo do percorrido para poder conseguir o selo da credencial.
Aínda que toda a actividade se realiza no exterior, tod@ as participantes deberán levar a máscara en todo o percorrido.
Ese venres podedes mandarlles como cada ano unha merenda con produtos típicos desta data de Entroido.
A saída será pola cancela do ximnasio, co este horario:
ITINERARIO 1
6º E.I.: 9:20 3º E.P.: 9: 50 5º E.P.: 10:00
1º E.P.: 9:30 4º E.P.: 9:55 6º E.P.: 10:05
2º E.P.: 9:40
ITINERARIO 2
4º E.I.: 10:30 5º E.I.: 10:40
4º e 5º de Educación Infantil non van ata Santa María, farán un pequeno percorrido preto do colexio. Ao igual que os nenos e nenas que fan o Itinerario 1 os pais e nais poderán acompañalos, deberán de ir detrás de 5º de Educación Infantil e non interferir nas probas que fagan os nen@s.