#ColeEntrecienmil
O venres 22 de outubro o Ceip Mestre Pastor Barral participará nunha nova edición da Carreira Solidaria contra a leucemia infantil.
Este ano, por mor da covid 19, e seguindo as directrices do Protocolo de adaptación ao contexto da Covid 19 non podemos facer carreira, porque non se poden misturar cursos. Así que decidimos facer Camiñada solidaria. A comunidade educativa do Ceip Mestre Pastor Barral estades convidados a participar.
Cada participante deberá aportar un euro, que será destinado a financiar proxectos de investigación encamiñados a atopar a cura da leucemia infantil.
Cada pai/nai ou familiar que queira sumarse a nosa Camiñada solidaria deberá facelo co curso onde están matriculados os sus fill@s.