FONDO SOLIDARIO-BANCO DE LIBROS DE TEXTO

Todos os libros de texto mercados con axuda pasarán a formar parte do fondo solidario, así como os libros do banco de libros acolléndose ás seguintes normas de correcto uso:

1.Os libros forraranse para preservar a súa conservación. O forro será de plástico transparente para poder identificar o libro. O nome do alumno porase nunha pegatina enriba do forro. Antes de forralos, desprecintalos  ou poñerlle o nome terán que ser supervisados polas mestras e darlle o visto bo.     

2.Os libros non se poden subliñar.

3. Considerase mal uso ou deterioro do libro de texto:

-Realizar exercicios nas propostas das actividades.

-Escribir palabras, mensaxes, facer debuxos ou poñer pegatinas nas follas.

-Doblar as follas para marcar os temas.

-Ensuciar as páxinas e a portada con calquera producto.

-Romper, enrugar ou mollar calquera parte do libro.

4.No caso de pérdida ou deterioro dalgún libro, deberá repoñelo a familia. De non facelo, non terá dereito ao uso do fondo solidario (banco de libros) no seguinte curso.

 

Será a “Comisión de libros de texto” quen supervisará en que condicións devolve cada alumno os libros.

AdxuntoTamaño
FONDO SOLIDARIO CORRECTO USO (1).doc26 KB
( categories: )