Skip to Content

Convivencia actividades

PARTICIPAMOS NA ENTREVISTA CON DAVID AMOR E CELIA FREIJEIRO no FARO DA ESCOLA.

Este luns participamos na entrevista que se lle fixo a David Amor e a Celia Freijeiro no Faro na Escola, que se levou a cabo no Auditorio de Mar de Vigo xunto a máis de mil estudantado de Vigo. Poidemos facerlle as nosas preguntas que previamente foron redactadas e consensuadas nas clases por todos nós.

 

Finalistas no V Certame de Relato curto-FANPA.

Este ano participamos no colexio no V Certame de Relato Curto Fanpa. Está dirixido a toda comunidade educativa da Provincia de Pontevedra. Estamos de noraboa porque foron seleccionados de finalistas  alumnos do colexio e  un mestre que tamén participou. 

3º Curso: Saúl Rodríguez Fernández

4º Curso: Jessica Rodríguez Estévez e Anxo Fernández Lores

6º Curso: Ángela Vilar González e Anais Ferreira Quiroga

Mestre: Anxo Blas González.

Os relatos serán publicados pola editorial KalandraKa nun libro. Tamén serán publicados polo Diario de Pontevedra no verán. 

O diá 30 de Maio coñeceremos se temos algún gañador. Moita sorte para todos eles. Estamos encantados de  ser o colexio que máis finalista acadou.

 

CARREIRA GOTAS PARA NÍXER 2014

Como o ano pasado rematamos o curso escolar 2013/14 celebrando esta xornada deportiva, festiva e solidaria coa nosa III Carreira Gotas para Níxer dentro do programa educativo Enrédate de UNICEF.

As carreiras de Gotas para Níxer levan xa varios anos unindo nenos e nenas de centros escolares de todo o país cun obxectivo común: xuntar gotas de solidariedade destinadas ao desenvolvemento de proxectos de supervivencia infantil en Níxer, o país máis pobre do planeta.

Se picades nos seguintes enlaces podedes disfutar de dous contos moi bonitos e da canción coa que animaremos o evento este ano.

A gota de Cucho

Nimbo e a carta de Níxer

Canción: Agua

 

Dorsal y cartilla para la carrera de Gotas

 Publicado 20-06-2014

PLAN DE CONVIVENCIA

 

No archivo adxunto podedes atopar o Plan de Convivencia do cole aprobado no Consello Escolar do 27 de xuño de 2013, trala introducción do Protocolo Xeral do Acoso Escolar e Ciberacoso da Xunta de Galicia. No documento se recollen as Normas de Organización e Funcionamento sobre conductas leves e gravemente perxudiciais para a convivencia do centro así como as correccións.

RECORDATORIO DE LAS NORMAS DE CONVIVENCIA

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O venres, 8 de marzo, conmemoramos o Día Internacional da Muller. Aproveitando que nos próximos días celebraremos a "Semana da Prensa", comezamos a actividades lendo as novas sobre o tema nos xornais dixitais.

Ademais, este ano quixemos recordar a "Evolución da Muller nas películas de Disney" e para eso visionamos o vídeo todos xuntos na Biblioteca do Cole:

A continuación, por cursos coloreamos ás protagonistas dos diferentes contos:

Día Internacional da Muller on PhotoPeach

 

Emparellamos cada unha das imaxes co seu nome e coas características que a definen:

Os nosos traballos on PhotoPeach

 

 

 

Fixemos o mural final:

Distribuir contido


by Dr. Radut