Skip to Content

Circulares e boletíns

Descarga de boletíns e circulares

PORTAS ABERTAS

Modificación da Concreción Curricular

Tras a publicación da ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, dende o centro elaborouse unha adaptación da concreción curricular que entra en vigor xa neste curso 2021-2022. 

 

Eleccións ao Consello Escolar

APERTURA DO PROCESO E CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 29/09/2021), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

- A directora do Centro.

- Un profesor ou profesora.

- Un pai ou nai ou titor legal.

- Un representante do persoal de administración e servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo martes, día 26 de outubro, ás 9.00 horas.

 

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidaturas para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instruccións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

DIA NON LECTIVO

Estimadas familias:
Informamos  que o próximo martes 18 de maio será día non lectivo, polo tanto o Centro permanecerá pechado.
Un saúdo

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Bos días

Este ano as xornadas de portas abertas no CEIP Paraixal realizaranse de forma virtual a través da plataforma cisco webex. Para poder participar deberan mandar un correo electrónicoceip.paraixal@edu.xunta.gal) indicando o día que quere participar.

  • Educación infantil:
    • Xoves 18 de febreiro ás 17:00
    • Venres 19 de febreiro ás 10:00
    • Venres19 de febreiro ás 18:30
  • Educación primaria:
    • Xoves 18 de febreiro ás 18:30
    • Venres 19 de febreiro ás 11:30
    • Venres19 de febreiro ás 17:00

Os adxuntamos un powerpoint con fotos recientes do colexio.
Un saúdo

ADAPTACIÓNS PROGRAMACIÓNS 3ª AVALIACIÓN

Prezadas familias:

Neste espazo tedes, á vosa disposición, as adaptacións das Programacións Didácticas para desenvolver o terceiro trimestre do curso. Seguindo as instruccións marcadas pola Consellería, todas as programacións didácticas das diferentes áreas, materias e niveis educativos foron modificadas para adaptarse a situación actual que se está a vivir durante este curso 2019-2020 e máis concretamente durante o terceiro trimestre.

Na lista seguinte podedes acceder á nova programación do terceiro trimestre no relativo as actividades a desenvolver, a metodoloxía de avaliación e os criterios de promoción de curso.

Moita saúde e un saúdo para toda a familia.

COMUNICADO ÁS FAMILIAS DO CEIP PARAIXAL

Estimadas Familias:

Desexando que a saúde física e anímica de todo o voso entorno sexa positiva, queremos facervos chegar a seguinte información. Pregamos leades con detemento esta información xa que é clave para entender aspectos básicos cara ao desenvolvemento deste trimestre:

Situación actual do terceiro trimestre

O martes 28 de abril, foron publicadas as Instrucións definitivas da Consellería de Educación para o desenvolvemento do terceiro trimestre. Estas instrucións, conxuntamente coa Orde do Ministerio de Educación e Formación Profesional regularán o desenvolvemento básico para o terceiro trimestre, o final de curso e o inicio do curso escolar 2020-2021, con carácter excepcional. Ao mesmo tempo comentar, dende o Goberno están a planificar a situación de desescalada do estado de alarma, polo que cada día ou semana teremos posibilidade de novas instrucións.

A dirección e o equipo docente irá informando sobre os acordos definitivos que modifiquen calquera situación actual do contexto educativo.

Avaliación e Promoción:

A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles previamente definidas. Realizarase sobre as aprendizaxes desenvolvidas nos dous primeiros trimestres así como as actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que se desenvolvan durante o terceiro trimestre sempre e cando se beneficie ao alumnado.

O equipo directivo e o equipo docente velarán polo mellor trato e valoración do alumnado de cara á finalización do curso, priorizando a promoción e optando pola repetición soamente en casos extraordinarios, debidamente argumentados e con un plan de reforzo especial para o vindeiro curso escolar. Este trimestre será de carácter diagnóstico e de reforzo, sendo os dous primeiros a referencia básica para calquera decisión sobre promoción.

Tarefas e traballo educativo no terceiro trimestre

Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado. As tarefas propostas son recomendacións para manter rutinas de traballo. O equipo docente fará un seguimento das mesmas  pero non haberá avaliación nin cualificación das mesmas cara as notas finais do curso.  As distintas tarefas estarán a disposición do alumnado e das familias na Aula virtual e Blogues de aula.

Volta ás aulas

A data de hoxe aínda está en fase de estudio por distintos Ministerios (Sanidade, Educación) a posibilidade da volta ás aulas no final do curso. Pregamos ser cautelosos e atender aos comunicados recibidos dende o centro educativo.

Reorganización do terceiro trimestre

Os equipos docentes de cada curso,  adaptarán a programación didáctica das ensinanzas correspondentes a cada área. Seran publicadas na páxina web do centro

 

Moito ánimo, xa queda pouco para o encontro presencial desexado

A dirección

Vacantes curso 2020-2021

Nivel

Prazas Ocupadas

(reservas para os que continúan)

Vacantes

 
 

ED. INFANTIL

4º EI

0

22 + 3 (apoio educativo)

 

5º EI

5

20

 

6º EI

1

24

 

1º EP

6

16+ 3 (apoio educativo)

 

2º EP

10

15

 

3º EP

4

21

 

4º EP

8

17

 

5º EP

10

15

 

6º EP

7

18

 

Proxecto Educativo

Este é o  proxecto educativo do CEIP Paraixal.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut