Este proxecto consiste na vinculación do alumnado do Paraixal ao medio natural mediante a aprendizaxe e comprensión dos diferentes pasos que envolven o nacemento e crecemento das arbores, nomenadamente neste caso especies forestais propias do bosque autóctono galego, até o de agora foran sementadas nogueiras, castiñeiros e carballos
Dunha forma esquemática podería-se dicir que os pasos son tres
1º Sementeira de arbores autóctonos en contedores na época adecuada, esperando até o seu nacemento na primavera, unha vez que isto aconteza comenzan os coidados de rega así como o seu traslado a un lugar de mais sombra.
2º Unha vez pasado mais ou menos un ano desde a súa sementeira, as arbores superviventes( tendo en conta que algunhas ficaran no camiño) serán transplantadas a socalcos de terra na parte inferior da escola, a partir de este momento as crianzas terán que coidar novamente as arbores, novamente con o seu rego e agora con o control das herbas e plantas competidoras
3º Unha vez que as arbores alcancen unha altura a volta de un metro, a idea e levar as crianzas o monte veciñal de Teis para que elas propias planten as arbores nunha zona preparada especialmente para eles
Neste momento estamos na fase dous e dicir foran transplantadas as arbores aos socalcos, non en muito tempo o ciclo completo estará en marcha e todos os anos as crianzas sementaran, transplantaran e finalmente plantaran as arbores no seu último destino, o monte veciñal de Teis
Este breve resumo explicativo non estaría completo se non se comentara aínda que superficialmente que a motivación fundamental da existencia da Comunidade de montes de Teis é a conservación e mellora de bosque do bosque autóctono de unha forma ampla, sempre vinculado isto a educación respecto e comprensión das futuras xeracións na vital importancia de cuidarmos do medio ambiente.