Os alumnos de 3º e 4º, en clase de relixión, decidimos rematar o tema da Creación coa realización da nosa propia..."O Noso Horto".
Para poder plantar coliflores, rabanitos e leituga contamos coa axuda de Jose,o conserxe. ¡Moitas grazas!!!
Todos os alumnos do colexio están invitados a coidalo,pero a responsabilidade é dos nen@s de 3º e 4º. Esperamos que dentro duns meses poidamos recolle os froitos do noso traballo.
A continuación podedes ver os primeiros traballos. Aos poucos colgaremos o progreso da nosa plantación.