Skip to Content

blogue deadmin

VISÍTANOS APAMP

Poidemos ter unha xornada fenomenal con tres actores da APAMP. Compartimos con eles unha xornada de teatro. Leron e interpretaron un conto realizado por eles. Escribiron e debuxaron todo o libro. Tamén nos cederon un exemplar para a biblioteca. O libro chámase "Elisa no mundo das marabillas". E estivemos xogando xuntos. Agardamos que o vindeiro ano volten a facernos unha visita.

 

POXECTO DE VIVEIRO FORESTAL NA ESCOLA DO PARAIXAL.

 

Este proxecto consiste na vinculación do alumnado do Paraixal ao medio natural mediante a aprendizaxe e comprensión dos diferentes pasos que envolven o nacemento e crecemento das arbores, nomenadamente neste caso especies forestais propias do bosque autóctono galego, até o de agora foran sementadas nogueiras, castiñeiros e carballos

Dunha forma esquemática podería-se dicir que os pasos son tres

1º Sementeira de arbores autóctonos en contedores na época adecuada, esperando até o seu nacemento na primavera, unha vez que isto aconteza comenzan os coidados de rega así como o seu traslado a un lugar de mais sombra.

2º Unha vez pasado mais ou menos un ano desde a súa sementeira, as arbores superviventes( tendo en conta que algunhas ficaran no camiño) serán transplantadas a socalcos de terra na parte inferior da escola, a partir de este momento as crianzas terán que coidar novamente as arbores, novamente con o seu rego e agora con o control das herbas e plantas competidoras

3º Unha vez que as arbores alcancen unha altura a volta de un metro, a idea e levar as crianzas o monte veciñal de Teis para que elas propias planten as arbores nunha zona preparada especialmente para eles

Neste momento estamos na fase dous e dicir foran transplantadas as arbores aos socalcos, non en muito tempo o ciclo completo estará en marcha e todos os anos as crianzas sementaran, transplantaran e finalmente plantaran as arbores no seu último destino, o monte veciñal de Teis

Este breve resumo explicativo non estaría completo se non se comentara aínda que superficialmente que a motivación fundamental da existencia da Comunidade de montes de Teis é a conservación e mellora de bosque do bosque autóctono de unha forma ampla, sempre vinculado isto a educación respecto e comprensión das futuras xeracións na vital importancia de cuidarmos do medio ambiente.

  

ALIMENTACIÓN SAUDABEL

Tivemos a visita de Vegalsa que nos veu ofrecer un Menú saudabel ao colexio dentro do programa "Come rico, vive san". O obxectivo é facer futuros  consumidores responsabeis e coñecedores de recetas divertidas.

 

PARTICIPAMOS NA ENTREVISTA CON DAVID AMOR E CELIA FREIJEIRO no FARO DA ESCOLA.

Este luns participamos na entrevista que se lle fixo a David Amor e a Celia Freijeiro no Faro na Escola, que se levou a cabo no Auditorio de Mar de Vigo xunto a máis de mil estudantado de Vigo. Poidemos facerlle as nosas preguntas que previamente foron redactadas e consensuadas nas clases por todos nós.

 

A TELEVISIÓN DE GALICIA VISITOU O NOSO COLEXIO

Hoxe tivemos a visita da Televisión de Galicia. Estaban interesados no proxecto que temos do Horto. Fixeron entrevistas ao alumnado, aos avós e a Comunidade de Montes de Teis. Tamén filmaron como sementamos as patacas xuntos coa axuda dos avós. Saiu dúas veces na televisión no Galicia Noticias e no Telexornal. Aquí tedes as dúas reportaxes feitas.

VER REPORTAXE. 

VER REPORTAXE  A PARTIR DO MINUTO 43.

 

  

 

COMENZAMOS O NOSO VIVEIRO COOPERATIVO

Tivemos a visita da Mancomunidade de Montes de Teis, que colaboramos con eles na reforestación zona con árbores autóctonas. Facemos todo o proceso sementamos, deixamos que crezan un pouquiño, trasplantamos e finalmente van para o monte onde serán árbores adultas. Este ano prantamos nogueiras e carballos.

PRANTAMOS REPOLOS NO NOSO HORTO

Despois de preparar a terra chegou o día de prantar. Para axudarnos contamos coa axuda de Manuel Lorenzo que estivo fai moito moito tempo traballando no colexio e que agora xubilidado volve ao colexio a botarnos unha man. Ten dous bisnetos Saúl e Estela. Máis fotos na sección de galería pinchando horto.

FRAN ALONSO NO NOSO COLE

Hoxe visitounos Fran Alonso. Foi divirtidísimo ver como contaba as súas historias e como explicaba os seus poemas.  Nótase que é un escritor con vocación ponlle moito entusiasmo no seu traballo. Atendeu con paciencia as miles de preguntas que lle fixeron... encantadísimos coa súa visita.

CELEBRAMOS O THANKSGIVING DAY

O noso auxiliar de conversa americano Joseph ensinounos a celebración que fan o cuarto xoves de Novembro en todos os Estados Unidos. Chámase o Thanksgiving Day e que é unha forma de agradecemento por todo canto temos e que moitas veces non lle prestamos a debida atención: a familia, unha comida sempre no prato, a amizade...

PARTICIPAMOS NO FARO DA ESCOLA

Este ano participamos no Faro da Escola. Temos cinco meses para redactar o noso xornal. Por as novas máis importantes, escribir e escribir ata encher o noso xornal. Estamos moi ilusionados. Hoxe viñeron dos xornalistas do Faro de Vigo a explicarnos como temos que facer. Comenzamos xa!.

Distribuir contido


by Dr. Radut