Skip to Content

Vigo recicla

Hoxe tivemos no colexio a actividade de Vigo recicla onde revisamos como clasificar os diferentes residuos. Primeiro repasamos cos monitores os diferentes contenedores de lixo e qué debemos poñer en cada un deles, e despois, cunha pantalla dixital fixemos un xogo no que tiñamos que clasificar os residuos.

 

OBRADOIRO DE IGUALDADE

Este mércores tivemos un Obradoiro de Igualdade, no que aprendimos que todos somos iguais e démonos conta do importante que é colaborar nas tarefas da casa. Tendimos a roupa, coidamos dos máis pequenos, limpamos zapatos, etc. Que ben nos sentimos axudando e colaborando cos demáis! Velaquí tedes unha mostra! 

VISITA AO ZOO

O pasado 24 de Febreiro todos os alumnos do colexio visitamos o Zoo. Foi moi interesante, nos ensinaron que algúns animais teñen cornas, que son distintas os cornos, que o leopardo e a pantera son o mesmo animal....

Que ben o pasamos!!!!!

 

Premio de debuxo do Ifevi

O alumno de sexto curso Anxo Fontán Gabriel foi un dos gañadores do premio de debuxo de Nadal do Ifevi.

Aquí aparece con algúns dos outros premiados.

PRAZO DE ADMISIÓN CURSO 2015/2016

                          PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DE ADMISIÓN

                                                                DO 2 AO  23 DE MARZO

 

A solicitude de admisión (documento adxunto) deberá ir acompañada da documentación acreditativa do requisito de idade e de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.

 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN.

Nos seguintes enlaces podedes descargar a normativa.

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)  (galego)

Orden del 12 de marzo de 2013 por la que se desarrolla el procedimiento para la admisión del alumnado (DOG)   (castelán)

 ANEXOS.

Nos seguintes enlaces podedes descargar os anexos.

Anexo I: Reserva de praza (galego)

Anexo I: Reserva de paza (castelán)

Anexo II: Formularios de admisión (galego)

Anexo II: Formularios de admisión (castelán)

 

CALENDARIO

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN.

           Do 1 ao 20 de Marzo , ambos incluídos.

LISTAXE  PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO.

           Antes do 25 de Abril de 2015.

PRAZO DE RECLAMACIÓNS.

           5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO.

            Antes so 15 de maio de 2015

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA.

            Do 20 ao 30 de xuño de 2015 (Educación Infantil e Primaria)

GAÑADORES CONCURSO DEBUXO HOSPITAL VITHAS -FÁTIMA.

Outro ano máis damos a noraboa aos alumnos : Daniela Rodriguez,Estela Rodriguez, Lucas Nievas e Angela Vilar como gañadores do concurso a favor da lactancia materna promovido polo Hospital Vithas-Fátima .

No acto disfrutaron da actuación do pallaso Popín e da entrega de agasallos.

¡¡¡¡ Noraboa a todos!!!!

               

Visita a ARVI

O martes 11 os rapaces de 4º, 5º e 6º visitamos o porto de Vigo e nos explicaron moitas cousas relacionadas coa pesca.

 

BLOG 1º 2º

Dende hoxe está operativo o blog de primeiro e segundo. Está pensado para dar novas sobre as actividades dos rapaces e para ofertar unhos recursos que se poden facer dende a casa para reforzar as materias dadas en clase.

MAGOSTO 2014

O venres 7 celebramos o magosto no colexio. Despois do recreo participamos en varios xogos axudados polo rapaces de 6º e5º. Cando rematamos disfrutamos das castañas feitas por Jose. As fotos podedes velas no seguinte ENLACE e no blog de 1º e 2º

O NOSO HORTO

Os alumnos de 3º e 4º, en clase de relixión, decidimos rematar o tema da Creación coa realización da nosa propia..."O Noso Horto".

Para poder plantar coliflores, rabanitos e leituga contamos coa axuda de Jose,o conserxe. ¡Moitas grazas!!!

Todos os alumnos do colexio están invitados a coidalo,pero a responsabilidade é dos nen@s de 3º e 4º. Esperamos que dentro duns meses poidamos recolle os froitos do noso traballo.

A continuación podedes ver os primeiros traballos. Aos poucos colgaremos o progreso da nosa plantación.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut