Skip to Content

Mercadillo Solidario

Formalización matrícula 2023-24

O prazo de formalización de matrícula de novo alumnado para o curso 2023-24 é

do 20 ao 30 de xuño

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Impreso formalización de matrícula
  • Impreso "Outros Datos"
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do libro de vacinacións
  • Unha fotografia tamaño carné

 

 

Entregarase no centro de 9 a 14 horas.

O Camiño de Santiago

Este Curso traballamos moito sobre o camiño portugués a Santiago, o cal pasa pola nosa escola. Aquí podedes botar unha ollada a un pequeno traxecto del.

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2023/24

Informamos de que todo o alumnado que solicitou praza neste centro para o Curso 2023/24 foi admitido.

Pódese consultar a listaxe no taboleiro interior do Centro.

O período para formalizar a matrícula será dende o 20 ata o 30 de xuño.

Modificación da Concreción Curricular

Tras a publicación da ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, dende o centro elaborouse unha adaptación da concreción curricular que entra en vigor xa neste curso 2021-2022. 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Os nosos mellores desexos!

Eleccións ao Consello Escolar

APERTURA DO PROCESO E CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 29/09/2021), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

- A directora do Centro.

- Un profesor ou profesora.

- Un pai ou nai ou titor legal.

- Un representante do persoal de administración e servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo martes, día 26 de outubro, ás 9.00 horas.

 

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidaturas para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instruccións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

O PARAIXAL PONSE BONITO

GRACIÑAS FAMILIAS!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut