Skip to Content

Blogues

CONCERTO DO ALUMNADO DO PARAIXAL

Todo o alumnado que tocaba un instrumento ou simplemente tiña un instrumento na casa trouxémolos ao colexio e fixemos unha presentación dos distintos instrumentos e tamén unha demostración do seu son e un pequeniño concerto. O éxito foi absoluto. Houbo unha participación altísima. Todos estaban moi entregados e o público moi agradecido. Podedes ver todas as fotos na sección da Galería. Para o ano que vén máis e mellor.

UXÍA GONZÁLEZ GAÑA O 1º PREMIO "CÍES O PARAÍSO DE TODOS"

 A nosa Uxía González de 2º de Primaria acada o 1º Premio do Concurso " Cíes paraíso de todos" organizado polo Concello de Vigo.Presentáronse máis de mil debuxos e poesías e a nosa Uxía acadou o 1º posto. O premio foille entregado o día 9 de Novembro no Auditorio Mar de Vigo. Parabéns para a nosa Uxía estamos orgullosísimos. 

 

 

COMENZAMOS O NOSO XARDÍN VERTICAL

Dentro do proxecto do Horto que temos para este ano, non só imos prantar e coidar a nosa horta senón que tamén imos decorar, protexer o noso colexio con prantas. Para iso imos crear un xardín vertical na entrada do colexio empregando material de refugaxo. Xa comenzamos coa primeira fase onde cada neno e nena elixiu unha pranta que levará o seu nome. Máis fotos na sección da galería.

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO

o Venres 10 de Novembro celebramos no colexio o Magosto. Fixemos xogos populares, cantamos cantigas e sobre todo comemos e comemos castañas. Máis fotos na galería.

Pepe Carreiro

A semana pasada tivemos unha visita moi especial. Chegou ao noso colexio Pepe Carreiro. Foi fantástico poder ver como debuxaba aos protagonistas dos Bolechas, como daba consellos á hora de debuxar, como contestou con paciencia a todas as preguntas e  firmou exemplares a cada un dos nenos e nenas que trouxeron libros del.Tamén nos firmou exemplares para a nosa Biblioteca e o xornal Papagaio onde el colabora. Podedes ver máis fotos na sección da galeria.

Visita de Pepe Carreiro

A semana pasada visitounos o gran Pepe Carreiro. Foi unha visita moi amena e moi lúdica. Mostrounos como se debuxa e tamén nos firmou todos os exemplares de Bolechas que todos e todos tiñamos. Podedes ver máis fotos na sección da Galería.Pepe Carreiro no Paraixal

Distribuir contido


by Dr. Radut