PROCEDEMENTO A SEGUIR PARA SOLICITAR INFORMACIÓN, FACER SUXESTIÓNS OU PRESENTAR QUEIXAS AO CENTRO
Ante calquera necesidade de obter información, facer algunha suxestión ou presentar algunha queixa ao Centro, os pais e nais deberán seguir o seguinte procedemento:
1º - Formular a situación ao titor/a correspondente, cando se trate dunha cuestión relacionada coa educación do seu fillo/a.
2º - De non estar satisfeito coa resposta obtida ou de tratarse dunha cuestión relacionada coa organización e funcionamento do centro, diríxase á Dirección do Centro.
3º - Se das actuacións anteriores non se deriva unha resposta satisfactoria e persistise a súa discrepancia pode dirixirse á Inspección Educativa ou outros organismos da Consellería de Educación.
No caso de que consideren o problema urxente e non poidan ser atendidos polo titor/a, poderán solicitar ser atendidos directamente polo director/a ou, de non ser posible, polo xefe/a de estudos ou o secretario/a.