O Departamento de Orientación foi creado no curso 2000-2001, ao ser nomeada a Xefa de Departamento de Orientación para o centro.
Integrantes do Departamento de Orientación:
- Mestre/a de P.T.1 do C.E.I.P de Palmeira
- Mestre/a de P.T.2 do C.E.I.P. de Palmeira
- Mestre/a de A.L.1 do C.E.I.P. de Palmeira
- Mestre/a de A.L.2 do C.E.I.P. de Palmeira
- Coordinador/a de E.I. do C.E.I.P. de Palmeira
- Xefa do Departamento de Orientación do C.E.I.P. de Palmeira.
Obxectivos xerais :
- Analizar las medidas de Atención á diversidade postas en marcha no centro (A.C e R.E.)
- Realizar estudios psicopedagóxicos dos alumnos que amosan n.e.a.e.
- Fomentar accións colaborativas entre os mestres/as que atenden ao alumnado con n.e.a.e. apoiando a este profesorado.
- Asesorar e ofrecer recursos á comunidade educativa que favorezan a posta en práctica de medidas organizativas e curriculares de Atención á diversidade que precisa o alumnado.
- Desenvolver accións que melloren a adquisición de técnicas de traballo intelectual dos alumnos/as elaborando propostas aos titores/as.
- Asesorar e ofrecer recursos á comunidade educativa que fomenten a tolerancia e a mellora da convivencia, con programas específicos de habilidades sociais, resolución de conflitos.
- Promover a relación, interacción e cooperación entre os distintos membros da comunidade educativa, especialmente entre o centro e as familias.
- Asesorar aos titores/as e ó profesorado en xeral na cumprimentación de documentación académica do alumnado, en especial do que recibe medidas de atención á diversidade, propoñendo as oportunas modificacións cando sexa necesario.
- Colaborar no deseño dos criterios de avaliación e promoción do alumnado, asistindo ás reunións, e ás xuntas de avaliación .
- Asesorar a toda a comunidade educativa sobre as posibilidades que ofrece o sistema educativo, facilitando a toma de decisións do alumnado .
- Colaborar cos centros de formación e recursos, así como cos E.O.E. no análises de necesidades e de formación no campo da orientación
- Elaborar bases de datos e recursos para a orientación educativa.
Actuacións prioritarias:
- Establecer as liñas xerais de intervención na atención á diversidade:
- Estudar as variacións de horario dos alumnos con n.e.a.e. con respecto ao ano anterior.
- Especificar, contando co asesoramento por parte dos titores/as, que areas necesitan ser reforzadas en cada caso.
- Deseñar o horario dos profesores de P.T. e A.L. atendendo ás orientacións dadas polos titores/as sobre o tipo de apoio que necesitan os alumnos con n.e.a.e.( apoio combinado dentro e fóra da clase).
- Preparar entrevistas cos pais/nis dos nenos/as que xa estaban sendo atendidos en anos anteriores polas profesoras de P.T. e A.L. para valorar a evolución que tiveron e posibles actuacións.
- Revisar e elaborar conxuntamente cos titores, si é o caso, as Adaptacións Curriculares.
- Actualizar o Plan de Acción Titorial.
- Propoñer os titores/as actividades a partir do P.A.T.
- Propoñer e deseñar conxuntamente cos titores/as accións en técnicas de traballo intelectual (comprensión lectora, técnicas de estudio), resolución de conflictos...
- Participar na recollida e tratamento de datos relevantes referidos á orientación.
- Participar en actividades propostas polos Equipos Específicos.
- Elaborar o Plan Anual que formará parte do Plan Anual do centro.
- Elaborar o final de cada curso escolar a memoria do Departamento para que poda ser incluida na memoria do centro.